Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O 3,5% das ofertas de emprego de España publícanse en Galicia



REDACCIÓN · PUBLICADO O 10 DE OUTUBRO DE 2018 · (0)



Por provincias, A Coruña (46,3%) e Pontevedra (36,6%) reúnen oito de cada dez ofertas na comunidade autónoma, o que demostra a gran concentración territorial na zona. Ourense, pola súa banda, rexistra o 9,7% e Lugo, o 7,4%.

O portal de traballo Infoempleo e o Grupo Adecco veñen de presentar a XXI edición do “Informe Infoempleo Adecco: Oferta e demanda de emprego en España”, unha radiografía da situación do mercado de traballo español a través da análise das ofertas de traballo xeradas no último ano, dende a distribución do emprego por comunidades autónomas, sectores ou áreas funcionais ata salarios, idiomas ou formación máis demandada polas empresas.

As fontes utilizadas para realizar o informe son as ofertas de emplerego publicadas polas empresas na web www.infoempleo.com e en www.adecco.es, máis de 9.000 enquisas a empresas e candidatos, e unha análise cualitativa dos principais indicadores obxectivos do Instituto Nacional de Estatística (INE) e do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social. En total, analizáronse 334.972 ofertas de emprego nas que se ofrecían 1.077.228 vacantes.

Do estudo cómpre destacar o elevado incremento da oferta de emprego que tivo lugar no último ano, un 13,13%, a maior suba da última década. Ademais, este aumento permite encadear cinco anos consecutivos de crecemento dende o punto de inflexión marcado en 2013. Por comunidades autónomas, a de Madrid mantén o seu liderado como principal xeradora de oferta de emprego en España, acaparando o 26,36% da oferta total, tres décimas máis que o ano anterior. Séguenlle Cataluña e País Vasco, que se manteñen estables e suman o 22,33% e o 12,23% do conjunto da oferta, respectivamente. Andalucía mantén a cuarta posición, á que caeu en 2015, pero segue perdendo peso e se queda no 8,3%, un punto porcentual menos que o rexistrado no exercicio anterior e que a achega á Comunidade Valenciana, quinta no ranking, co 7,1% da oferta.

Por detrás destas cinco autonomías sitúanse Castela e León, que concentra o 4,7% das ofertas de emprego, Galicia (3,5%), Aragón (3%), Castela-A Mancha (2,3%), Navarra (1,7%) e Canarias (1,7%). Cunha achega inferior ao 1,5% atópanse Cantabria (1,5%), Baleares (1,4%), Murcia (1,3%) e Asturias (1%). En último lugar están as comunidades da Rioxa (0,9%) e Estremadura (0,6%), e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla, cun 0,05% cada unha.

Provincias

Con respecto á distribución provincial en España, Madrid (26,36%) e Barcelona (19,1%) seguen sendo as provincias que máis ofertas de emprego achegan ao conxunto nacional: un 45,5% do total. É dicir, case a metade das ofertas que se publicaron no último ano facía referencia a un posto de traballo nestas dúas provincias. Biscaia sitúase terceira (5,7%), seguida de Guipúscoa (4,2%) e Valencia (4,1%). Tamén se atopan entre as provincias que máis contribúen á oferta total Málaga cun 2,7%, Zaragoza cun 2,6%, Álava cun 2,3% e Sevilla cun 2,1%. Polo contrario, Ceuta e Melilla son, de novo, as que suman un menor número de ofertas de emprego, cun 0,05% sobre o total cada unha. Séguenlles Zamora, Soria, Ávila, Huesca e Cuenca, con menos do 0,2% cada unha delas.

Se nos centramos en Galicia, A Coruña, cun 46,3% da oferta, e Pontevedra, cun 36,6%, aglutinan oito de cada dez ofertas de emprego na autonomía, o que evidencia a elevada concentración na zona. De feito, a tendencia indica unha concentración crecente, pois o peso das ofertas de emprego destas provincias medrou notablemente no último ano. Polo contrario, reduciuse a proporción nas provincias de Ourense, que suma o 9,7%, e Lugo, co 7,4%.

Por sectores, é o de hostalaría e turismo o que concentra unha mior proporción de ofertas de emprego en Galicia (10,6%). Séguelle o comercio minorista, que aglutina o 10,5%. Por detrás, aparecen o de servizos (7,6%), o de alimentación, bebidas e tabaco (6,3%) e o da industria (4,9%). Por áreas funcionais, a comercial segue liderando a oferta de emprego, aínda que cae notablemente (do 47,6% ao 40,1% actual). Séguelle a de enxeñaría e produción (17,1%). Por detrás delas sitúanse as de compras, loxística e transporte (12,6%), e tecnoloxía, informática e telecomunicacións (9,5%). Os postos de traballo máis demandados en Galicia son: comercial (7%), dependente (3,3%), asesor/promotor (2,3%), operario (2%), técnico de mantemento (1,9%) e profesor (1,8%).



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)