Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Estrella Galicia redobra a súa aposta polo mercado británico



REDACCIÓN · PUBLICADO O 10 DE OUTUBRO DE 2018 · (0)



Vén de chegar a un acordo coa cerveceira Greene King, fundada en 1799, que importará en exclusiva os produtos de Hijos de Rivera

O acordo inclúe as marcas Estrella Galicia, Estrella Galicia 0,0, Estrella Galicia Sin Gluten, 1906 Reserva Especial e 1906 Black Coupage nos seus distintos formatos de barril, botella e lata. Todo iso da man dunha compañía icónica cargada de historia cerveceira, cuxas orixes se remontan a 1799 e que na actualidade factura preto de 2.500 millóns de euros, conta con 2.900 bares, restaurantes e hoteis en Inglaterra, Gales e Escocia, dos que uns 1.750 son propios, e acada un cadro de persoal de 39.000 empregados nos seus negocios de produción e comercialización das súas propias marcas de cervexa, así como en hostalaría con enseñas como Hungry Horse, Farmhouse Inns, Chef & Brewer e Greene King Local Pubs.

Esta alianza reforzará de forma substancial a presenza das cervexas de Hijos de Rivera en Reino Unido ao contar cun socio cunha extensa rede nun mercado estratéxico como o británico. Neste sentido, Ignacio Rivera, conselleiro delegado de Hijos de Rivera, mostraba a súa satisfacción por esta alianza cun cervecero histórico e prestixioso que garante que “ofreceremos aos nosos clientes en Reino Unido a calidade de servizo que merecen as nosas marcas”. “Creo que o encaixe entre ambas compañías será perfecto para facer medrar as nosas marcas nun mercado tan dinámico e esixente”, engadiu.

Pola súa banda, Matt Starbuck, managing director de Greene King Brewing & Brands, sinalou que “ambas compañías compartimos unha longa historia cerveceira e valores comúns como a utilización dos mellores ingredientes, a produción das mellores cervexas e a vocación de dar o mellor servizo, así que estamos encantados de convertirnos en importador exclusivo das cervexas de Hijos de Rivera achegándoas a unha nova categoría de clientes”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)