A investigadora da UDC, Pilar DÃaz Tapia, recibe o Provasoli Award 2017
É entregado pola Phycological Society of America ao mellor paper do ano publicado na revista desta sociedade. A profesora da Facultade de Ciencias desenvolve a súa investigación no grupo de Bioloxía Costeira do Centro de Investigacións Científicas Avanzadas da UDC.
Ela é a primeira autora dun artigo realizado en colaboración con Christine A. Maggs, da Queen´s University Belfast; John A.West de The University of Melbourne, e Heroen Verbruggen, da Universidade de Melbourne. A entrega do premio tivo lugar no transcurso do 72nd Annual Meeting of the Phycological Society of America, na University of British Columbia, en Vancouver.

A súa publicación é un dos resultados do proxecto postdoutoral da investigadora e as colaboracións cos outros autores derivan das estadías da investigadora coruñesa nas súas respectivas universidades. O artículo destaca porque é un dos primeiros en utilizar análises filoxenómicos para resolver filoxenias difíciles de macroalgas e empregalas no estudo da súa clasificación e evolución. Presenta por primeira vez filoxenias moleculares para as Rhodomeláceas, a familia máis diversa das algas vermellas. Esas filoxenias inclúen a análise de 56 xenomas do cloroplasto e unha supermatriz que inclúe datos de secuencias de ADN para máis de 400 especies. Máis información: http://www.psaalgae.org/provasoli-award/.
De esquerda a dereita na imaxe vemos a Michael H. Graham, Managing Editor do Journal of Phycology; Pilar Díaz-Tapia, Alison Sherwood, Presidenta da Phycological Society of America; Morgan Vis, do Consello de Administración da PSA; Heroen Verbruggen, autor 4 e Christine A. Maggs, a autora 2.
Comentarios (0)