Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

“Leite con Castañas” gaña o premio Innovación Saudable de Larsa



REDACCIÓN · PUBLICADO O 11 DE OUTUBRO DE 2018 · (0)



A proposta creada por Pablo Fraga recibirá o apoio económico e o acompañamento empresarial da leiteira para lanzala. O segundo premio foi para Antón Polo, Brais Pérez e Roberto López co “Kefir”, e o terceiro gañárono “Snakiños” e “Manteigas Aromatizadas” de Paula Ibáñez, Xosé A.Ameixeiras e Víctor Argul.


Os gañadores recibirán unha dotación económica así como unha participación do 20% nos beneficios xerados polo proxecto en caso de levarse a cabo a súa comercialización.

A Factoría de Larsa en Outeiro de Rei, acollía hoxe a entrega dos Premios Innovación Saudable “Impulsando Galicia” en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, polo que aí estaba o Reitor Antonio López; a Vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel e o Director Xeral de Larsa, José Armando Tellado.

Tras a análise detida dos proxectos presentados e en base ao baremo establecido na convocatoria: orixinalidade, viabilidade, grao de innovación, contribución do proxecto á mellora da saúde, relación do proxecto cos valores e produtos da marca e diferenciación con respecto ao existente no mercado, o xurado elixiu “ Leite con Castañas” de Pablo Fraga, como proxecto gañador do primeiro premio.

Estes premios de Innovación Saudable buscan achegas aplicables na contorna da compañía, asociadas ao desenvolvemento de produtos ou novas tecnoloxías, que poden ir desde innovacións tecnolóxicas en alimentos, no punto de venda, en procesos, ingredientes ou ganderías. Fomentar o emprendemento é outro dos obxectivos que perseguen estes premios xa que a eles poden acceder estudantes universitarios, titulados, Universidades ou calquera dos seus departamentos, mozos emprendedores e sociedades mercantís.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)