Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A taxa de traballadores en busca activa de emprego é a máis baixa dende 2014



REDACCIÓN · PUBLICADO O 30 DE OUTUBRO DE 2018 · (0)



A ralentización da economía prevista para 2019 frea as espectativas dos profesionais. Sen embargo, España mantense como un dos países con maiores índices de busca activa de emprego (11%), dous puntos por riba da media europea.


Un estudo realizado por Randstad revela que máis de 2,3 millóns de traballadores en España se atopan buscando outro emprego, ben para mellorar a súa situación actual ou para compatibilizalo co posto actual. En concreto, o 11% dos ocupados asegura estar en situación de busca activa de emprego, tres puntos porcentuais menos que a taxa acadada durante o trimestre anterior e un menos que hai un ano. Chama a atención que a taxa rexstrada durante o terceiro trimestre do ano é a segunda máis baixa de toda a serie histórica, só por riba da acadada durante o terceiro trimestre de 2014 (10%).

Cando se analiza a serie histórica, os datos reflicten que os terceiros trimestres de cada ano, coa excepción de 2015, sempre rexistran os índices máis baixos de busca de emprego. Nesta ocasión, o descenso é incluso máis pronunciado que en edicións anteriores, chegando a acadar a taxa máis baixa dende o terceiro trimestre de 2014.

Un dos motivos que pode explicar este descenso no último trimestre atópase na ralentización do crecemento económico prevista para 2019, que se trasladou ás espectativas dos profesionais. Se a recuperación económica trouxo consigo taxsas elevadas de busca activa de emprego (ao redor do 14-15%), debido ao incremento de oportunidades existentes no mercado laboral, a incerteza parece ter influído nas intencións de mobilidade dos profesionais, unido aos menores ratios propios dos terceiros trimestres.

Nivel de estudos

O informe tamén ten en conta o nivel formativo dos ocupados, xa que a taxa de busca activa de emprego entre os diferentes grupos oscila entre o 7% e o 16%. En concreto, os ocupados con formación básica son os que amosan maior taxa de actividade, xa que o 16% deles se atopa buscando un novo emprego. A continuación sitúanse os que dispoñen de formación superior (12%) e, por último, os que ostentan formación secundaria (7%).

Cando se compara coa cifra acadada o ano anterior, se destaca que os ocupados con formación básica nesta situación son o único colectivo que incrementou esta taxa, pasando do 7% ao 16%. No lado contrario, reducindo a porcentaxe de empregados en busca activa de emprego, sitúanse os que cursaron educación superior (-2 puntos porcentuais) e os que teñen educación secundaria (-1 punto porcentual).

Por diante da media europea

A análise tamén ten en conta o país de residencia do profesional debido ás grandes diferenzas que se amosan entre eles. Dentro de Europa, España, Italia, Grecia, Polonia, Suecia e Suiza son os países con maior taxa, cun 11%. A continuación, tamén por riba da media europea (9%), sitúanse Noruega (10%) e Dinamarca (9%).

No lado contrario, por debaixo da media europea, están Reino Unido, Portugal, Francia, Alemaña e Países Baixos. Todos estes países acadan unha taxa de busca activa de emprego do 8%. Hungría (7%), Luxemburgo (6%), Bélxica (4%) e Austria (4%) sitúanse nas últimas posicións dos países europeos. Fóra das fronteiras europeas, China (15%), Estados Unidos (14%) e Australia (13%) son os países que superan a España. Despois, por debajo da media europea, está Xapón (6%).



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)