Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Por canto vendo o meu móbil usado?



REDACCIÓN · PUBLICADO O 30 DE OUTUBRO DE 2018 · (0)



O valor de mercado dun iPhone X de 64 GB de segunda man é de 650 euros e o Galaxy S8 Samsung véndese por 350 euros, por poñer dous exemplo. A peza que máis falla son as baterías, pola obsolescencia programada, pero pódense cambiar.


A mellor maneira de desfacernos dun móbil porque xa non o utilizamos ou porque queremos cambiar e tirar algo de proveito, é vendelo. Pero por canto? Para responder a esta pregunta Certideal, unha plataforma dedicada a vendelos reacondicionado de segunda man, recompilou os prezos máis habituais aos que se compran algún dos máis pedidos.

Como é sabido os modelos de iPhone son os máis caros “polo que os propietarios podenvendelos a prezos relativamente máis elevados, con respecto á competencia”, sinala Laure Cohen, co fundadora de Certideal. No caso de modelos que xa non venden en tendas como o iPhone X de 64 GB, o valor é de 650 euros. Mentres que, o iPhone 6 S de 32 GB, pódese vender por 180 euros e, o iPhone 5 S de 32 GB, por 60. E os donos de dispositivos como o iPhone 7 e o iPhone 8, modelos que a compañía da mazá aínda comercializa e que se consideran como os “máis antigos que se poden adquirir a través da súa web” pódense vender por 210 euros, o en caso do modelo iPhone 7 de 32 GB e, por 400 euros, se falamos do iPhone 8 de 64 GB.

Samsung

O prezo ao que podemos vender un dos modelos máis novos, o Galaxy S8, é de 350 euros. Mentres, que o Galaxy S7 de segunda man poderíase vender por 188 euros e vai reducíndose conforme aos anos que pasaron desde o seu lanzamento. Así, mentres que polo Galaxy S6, poderemos gañar 155 euros, vendéndoo nos mercados de segunda man, polo S5 e o S4, apenas sacaremos. “Pero vender os teléfonos que xa non imos utilizar non só é unha maneira de gañar diñeiro senón de loitar contra a obsolescencia programada por moitos fabricantes para obter máis beneficios”. “Substituíndo as baterías dos modelos usados, estamos a loitar contra a principal causa desta obsolescencia e contra a compra innecesaria de móbiles novos, o que permite reducir o noso impacto ecolóxico”, finaliza Cohen.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)