Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Soledad Penalta ingresa na Real Academia Galega de Belas Artes



REDACCIÓN · PUBLICADO O 30 DE OUTUBRO DE 2018 · (0)



O fermoso teatro Coliseo Noela de Noia acolleu o pasado sábado acto oficial de entrada da gran escultora galega, un dos nosos valores na arte contemporánea con obra institucións como a Fundación Abanca. É autora de varios monumentos públicos, entre eles algúns nas inmediacións da Torre de Hércules.


A nova académica da Sección de Escultura formouse na Escola de Artes Aplicadas da urbe herculina tras facer estudos de Química e de Filosofía e Letras, bagaxe que nótase na súa obra. Aínda que é importante a cerámica a súa personalidade máis definidora está nas pezas en ferro, nas que absorbeu modos que comezan en Gargallo e van ata Chillida.

Titulada na especialidade de Cerámica, amplía estudos en Barcelona e Xirona, e en 1978 e 1979 participa no Seminario de Estudos Cerámicos de Sargadelos. Comezou a expoñer en mostras colectivas de toda Galicia e en exposicións itinerantes por España adiante. Bolseira pola Consellería de Industria traballa en Italia con Emidio Galasi e en 1989 desprázase a Estados Unidos para facer diversos cursos en Minnesota.

Xogos de planos

Sorprenden non seu traballo, segundo os críticos, pola sinxeleza resultante e a complexidade de concepto. Domina e domestica a xeometría e recréase na fusión de planos e polígonos, ou crea volumes que son poliedros irregulares a modo de cuarcitas e basaltos. A chapa de ferro cobra vida na súa tarefa, pregada ou expandida en forma conxuntos caprichosos. Todo o pasado sintetízase na súa obra dende a escultura ibérica, nunhas pezas que piden espazos abertos.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)