Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Felipe VI comproba o avance das obras da catedral de Santiago



REDACCIÓN · PUBLICADO O 30 DE OUTUBRO DE 2018 · (0)



O Rei visitou hoxe a catedral compostelá, patrimonio da Unesco desde 1985, para ver o resultado dos traballos de restauración realizados nos últimos anos e que continuarán previsiblemente ata o Ano Santo Xacobeo que se celebrará en 2021.


A súa Maxestade o Rei visitou hoxe a catedral de Santiago. Tras manter no Pazo de Xelmírez un breve encontro co Arcebispo de Santiago, Don Felipe asistiu á proxección dun vídeo explicativo sobre as obras de restauración da catedral. Posteriormente dirixiuse pola Torre Norte ás cubertas, onde o arquitecto do proxecto o informou das obras realizadas, e do que quedaba por facer.

Esa explicación técnica foi o que máis tempo ocupou da visita, segundo explicou o alcalde compostelán, quen dixo que Felipe VI “tiña bastante interese en coñecer que volume de obra quedaba e que prazos había”.

A continuación a comitiva descendeu pola Torre Sur para poder observar a nave desde a tribuna e realizou o tradicional abrazo ao Apóstolo Santiago antes de dirixirse ao Pórtico da Gloria, onde o Rei recibiu o saúdo de membros do Cabido e asegurou estar “marabillado” polo resultado dos traballos de restauración.

Don Felipe estivo acompañado polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijóo, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices; o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada; o alcalde de Santiago de Compostela, MartiñoNoriega e o arcebispo de Santiago, Julián Barrio, entre outras autoridades.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)