Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os perigos dos novos vehículos urbanos para as persoas con discapacidade



REDACCIÓN · PUBLICADO O 31 DE OUTUBRO DE 2018 · (0)



O Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade (Cermi) de Galicia advirte de que o uso e estacionamento incorrecto destes elementos de mobilidade entrañan un risco na seguridade e accesibilidade da vía pública.


En canto á circulación, o exceso de velocidade nas beirarrúas e a súa silenciosa mobilidade poden producir que as persoas con discapacidade non se decaten da súa presenza e non poidan sortealos, polo que poden producirse accidentes, atentando contra a seguridade persoal nos seus desprazamentos.

Respecto ao estacionamento, estes elementos móbiles poden supoñer un grande obstáculo para as personas con discapacidade, xa que un mal aparcamento supón a inaccesibilidade da vía. Aparcar no cruce de dúas rúas, no acceso a un paso de peóns ou estacionalo cruzado en medio da acera poden constituír un impedimento para transitar ou producir un accidente de consideración. Actualmente, a vía convértese nunha carreira de obstáculos e limita a autonomía das persoas con discapacidade .e, por iso, dende Cermi Galicia fan un chamamento aos usuarios destes vehículos para que os coloquen en paralelo e na parte externa da beirarrúa (sempre e cando non exista un aparca bicis) para unha convivencia respectuosa con todos os cidadáns.

Ante esta situación, a organización insta á Xunta a que, en colaboración cos concellos, elabore unha normativa efectiva de uso e circulación destes vehículos, que contemple a prohibición de tránsito de bicicletas e patinetes pola beirarrúa.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)