Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Aumenta nun 10% o número de contratos a traballadores portugueses en Galicia



REDACCIÓN · PUBLICADO O 31 DE OUTUBRO DE 2018 · (0)



Segundo se puxo de manifesto nunha xornada sobre mobilidade na eurorrexión celebrada na CEG, a cifra de profesionais lusos que viñeron traballar a esta comunidade autónoma incrementouse de 7.110 a 7.870 entre 2016 e 2017.


O Informe de Indicadores de Mobilidade Transfronteiriza 2018, que mide a mobilidade de traballadores entre Galicia e o Norte de Portugal e que vén publicando a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) dende 2010 no marco do Eures Transfronterizo, destaca que dende 2007, ano no que se rexistrou o maior número de contratos neste sentido cun total de 20.644 e motivado pola crise económica sufrida nos anos seguintes, a cifra foi decaíndo anualmente ata 2014, para repuntar a partir de entón e paulatinamente ata a actualidade.

Así mesmo, os datos recabados no rexistro de contratos da Xunta poñen de manifesto que a actividade económica que máis traballadores portugueses aglutina na comunidade galega, como vén sendo dende 2014, é a hostalaría –a chamada actividade “servizos de comida e bebida” recaba 1.402 contratos en el 2017, seguida da construción de edificios con 677 contratos. Á inversa e por este orde, a industria, o comercio e a saúde son os tres sectores que máis traballadores galegos ocupan en Portugal.

Estas tendencias non coinciden coas dos traballadores transfronteirizos (é dicir, aqueles que residen nun país pero traballan ao outro lado da fronteira). Desta maneira, é o sector denominado de transporte terrestre e por tubería” o que maior número de contratos sustenta en Galicia a traballadores portugueses residentes no país veciño; mentres que son as actividades administrativas e dos servizos de apoio”, seguidas moi de preto da “industria transformadora”, as que maior número de traballadores transfronteirizos españois achegan á Rexión Norte. Seguindo cos traballadores transfronteirizos, o número de contratos realizados o ano pasado a traballadores portugueses residentes en Portugal foi de 505, mentres que as persoas de nacionalidade española residentes en España con remuneracións declaradas na Rexión Norte foron 2.163.

En total o ano pasado foron 4.680 os traballadores galegos desprazados a Portugal –aqueles que aínda que cotizan en España, viven e traballan durante un tempo concreto no país luso, fronte aos 3.815 empregados da Rexión Norte desprazados a España. E é que máis de 200 empresas desta rexión, a maioría dos sectores da “construción e industria transformadora”, desprazaron traballadores á comunidade galega.

Xornada

O informe que se elabora grazas á colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria e da Seguridade Social española, do Instituto de Seguridade Social portugués e dos seus centros distritais a Rexión Norte, do Instituto do Emprego e a Formación Profesional do país luso, así como da oficina de coordinación do Eures Transfronteirizo, presentouse nun encontro de empresarios celebrado onte nas instalacións da CEG co obxectivo de presentar e compartir experiencias en relación coa actividade e a prestación de servizos na Eurorrexión Galicia Norte de Portugal, en especial en relación coa xestión dos recursos humanos e a mobilidade de traballadores e empresas.

Esta xornada serviu fundamentalmente para informar e solventar as dúbidas que teñen as empresas que cruzan a fronteira para desenvolver a súa actividade e que demandan fundamentalmente asesoramento sobre fiscalidade, seguridade social dos traballadores e prevención de riscos laborais.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)