Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Piden unha cultura financeira



REDACCIÓN · PUBLICADO O 31 DE OUTUBRO DE 2018 · (1)



Os abusos e fraudes ao aforro das entidades bancarias nos últimos 20 anos fai do Día Mundial do Aforro unha data para lembrar a necesidade de cambiar a relación da banca coa clientela. Segundo Adicae, os abusos en materia hipotecaria, como as cláusulas chan, e os gastos hipotecarios restaron capacidade de aforro a moitos cidadáns que perderon de media entre 12.000 e 15.000 euros. 


España é un dos países da Eurozona onde os consumidores dispoñen de menor capacidade de aforro, segundo os últimos datos do Eurostat. Cunha taxa de aforro do 5,53%, o noso país sitúase no quinto posto pola cola, superado por Portugal, Lituania, Letonia e Chipre. Posición financeira moi afastada do resto de países da Unión Europea, onde por exemplo Francia e Alemaña triplican a nosa taxa de aforro.

É evidente que estes datos reflicten como un consumidor español aforra de media a metade ou mesmo menos que os seus países veciños. Adicae analizou para o día mundial do aforro o motivo destes datos: os abusos da banca en materia hipotecaria, a falta de confianza e o descontento dos consumidores. Así como, os problemas para chegar a fin de mes de miles de persoas son algunhas das respostas.

A organización valora de forma negativa os datos ofrecidos pola OCDE con respecto ao gasto medio da vivenda con respecto ao soldo percibido. O último estudo indica que un 37% de consumidores dedica ata un 40% do seu soldo no pago da vivenda.Esta porcentaxe sitúa a España en vinte puntos por encima con respecto á media dos países da OCDE.

Desconfianza nos pequenos aforradores

Casos como a crise de axencias de valores de Gescartera, a estafa de aforro investimento de Forum-Afinsa ou a fraude dos bancos coas preferentes, xerou unha cultura financeira distinta á doutros países. Segundo Manuel Pardos, presidente de Adicae, "a desconfianza sobre os reguladores é máxima, porque en canto pasou algo non responderon. Tivemos que ir aos xulgados".

Adicae resalta a súa proposta para lograr que a nova transposición da directiva europea MIFID II, en materia de plans de aforro e investimento, garanta a protección dos pequenos aforradores. "A protección do consumidor, nin sequera se menciona na exposición de motivos do texto presentado ao Congreso dos Deputados", o que, segundo a organización, "evidencia as lagoas en materia de defensa dos investidores e dos pequenos aforradores".

Por iso, neste Día Mundial do Aforro, Adicae insiste na "necesidade dunha auténtica educación financeira cara aos usuarios que non sexa impartida pola banca e que recolla os valores que sexan capaces de xerar consumidores solidarios, responsables e críticos". Ademais, dado que "a educación financeira non é capaz por si soa de afrontar as prácticas que o sector financeiro vén aplicando, resulta imprescindible a aprobación da Lei de Transparencia na contratación", proposta de Adicae que actualmente est´ a "atrancada" na fase de emendas no Congreso, e que beneficiaría os consumidores de cara a avanzar a un mercado equilibrado e propio do s.XXI.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (1)



Matías

31 de outubro de 2018

Esos presuntos abusos de lo que se habla en la noticia no son a los ahorradores, sino más bien a todo lo contrario, a quienes han pedido préstamos, como es el caso de las hipotecas. Las cláusulas suelo, que es una de las cosas que más clara viene en el contrato, han sido una forma que han tenido los bancos de no perder dinero a la hora de conceder hipotecas, que es una manera que facilitan estas entidades para que la gente pueda acceder a una vivienda. Gracias al descrédito que se está produciendo con la banca los ahorradores de verdad hemos sido víctimas de otros abusos como las comisiones, que son cada vez más elevadas y que son producto de las compensaciones que estas entidades han tenido que pagar a "estafados" por las preferentes o las hipotecas.