Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os empresarios do Tambre terán beneficios en servizos xurídicos



REDACCIÓN · PUBLICADO O 31 DE OUTUBRO DE 2018 · (0)



A Asociación Área Empresarial do Tambre asinou hoxe un convenio de colaboración que lles permitirá aos asociados obter descontos nos servizos que ofrece Quality Consultores ademais impulsar actuacións para mellorar a actividade, a cooperación empresarial e a formación.


O convenio, subscrito polo presidente da Asociación empresarial (AAET), Jesús Chenel, e o administrador da consultoría Ignacio Jesús Borregán, pretende mellorar os servizos que a ofrece a asociación. 

O acordo, dun ano de vixencia, céntrase en dous obxectivos fundamentais: ofrecer descontos especiais para os asociados nos servizos ofrecidos por Quality; e establecer unha colaboración entre o despacho profesional e a Asociación que sirva para impulsar e promocionar actuacións encamiñadas a mellorar a actividade e cooperación empresarial, información e formación, dentro dos servizos e competencias de ambas entidades.

En canto aos beneficiarios dos descontos en servizos e produtos de Quality son todos os asociados, que poderán beneficiarse de importantes rebaixas nos servizos de asesoría xurídica prestados por Quality sobre as súas tarifas habituais; un bono en consultas xurídicas para cada empresa, equivalente a tres consultas xurídicas gratuítas; un servizo de consulta na sede da Asociación; tramitación de expedientes administrativos e incidentes derivados; e un desconto nos seus honorarios profesionais no relativo á representación xudicial.

Ademais, a Asociación e Quality colaborarán conxuntamente na organización de xornadas, talleres ou outras accións formativas e informativas que acorden mutuamente.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)