Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

62 establecementos participan en Vigo no concurso de tapas “Petisquiño”



REDACCIÓN · PUBLICADO O 02 DE NOVEMBRO DE 2018 · (0)



Organizado pola Federación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Pontevedra (Feprohos), o concurso desenvólvese por toda a cidade olívica dende o pasado 25 de outubro e ata 11 de novembro.


Un dos principais obxectivos do concurso é converterse nun referente no calendario gastronómico e turístico de Vigo, xunto con outras actividades xa consolidadas, ampliando así a oferta turística e económica da cidade e sendo un motivo máis para que os turistas a visiten e a coñezan pola súa calidade culinaria, elaborada por profesionais de gran talento. Desta forma, preténdese potenciar e amosar a gran profesionalidade do sector a través do inxenio, a innovación e a creatividade das propostas presentadas, nas que se emprega unha ampla variedade de produtos, que amosan a calidade e a riqueza da cociña viguesa.

O sector turístico vigués sofre durante os meses de novembro a febreiro unha minoración na actividade e, con ela, prodúcese unha ralentización do fluxo do mercado laboral e económico. Este concurso pretende por iso diminuír a desestacionalización e que durante este período se incremente o turismo, a carga de traballo e a facturación. Para iso, Petisquiño” emprega estratexias de marketing dixital que o adapten ao impacto e uso das novas tecnoloxías de comunicación, co obxecto de chegar a un maior público e potenciar así o turismo de proximidade.

Como principais novidades deste ano, o concurso engade un novo criterio de valoración: a calidade do servizo. Ademais, para o sistema de votación o público deberá selar en cinco dos locais participantes para que o voto sexa válido. A elección das tapas gañadoras virá determinada polos resultados obtidos das valoracións emitidas por un xurado profesional composto por 12 profesionais relacionados co mundo da gastronomía e a restauración, así como por un xurado popular, os propios cidadáns que degusten as distintas elaboracións e depositen os seus votos correctamente nas urnas destinadas para tal fin. Ambos xurados terán en conta para a súa valoración os seguintes criterios: Calidade/Prezo, Presentación, Sabor e Calidade do Servicio.

Premios

Premio Estrella Galicia á Mellor Tapa: será a que acumule mellor puntuación, agregando as puntuacións correspondentes a Calidade/Prezo, Presentación, Sabor e Calidade do Servizo. O establecemento gañará entradas para dúas persoas para acudir ao Salón Gourmet máis unha bolsa de viaxe valorada en 500 euros.

Tapas finalistas: outorgaranse mencións para as catro tapas finalistas

Premio Pazo Casanova á Tapa máis Popular: a que acumule máis votacións. Para iso só serán consideradas como válidas aquelas papeletas que teñan rexistradas a visita a un mínimo de cinco establecementos. Recibirá un premio en mercadoría valorado en 300 euros, unha visita a unha adega con cata privada, e unha cea e noite de hotel para dúas persoas. Ademais haberá un regalo de varios estuches que se sortearán entre o público participante.

Premio ao Mellor Maridaxe con Viñaredo (patrocinado por Bodegas Santa Marta). Recibirá un lote de viño valorado en 300 euros, visita para dúas persoas á adega e noite de hotel para dúas persoas no complexo hostaleiro Paladium. Tamén se regalará unha botella magnum de Mencía que se sorteará entre os consumidores daqueles locais que collan a promoción do viño.

Premio Especial Tapa máis Riquiña.
Premio Especial Tradición.
Premio Especial Innovación.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)