Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Ramón Doallo, Catedrático de Informática da UDC, Premio Nacional de Informática 2018



REDACCIÓN · PUBLICADO O 02 DE NOVEMBRO DE 2018 · (0)



Ademais, o Premio “Joven Investigador” recaeu en David Vilares, da Facultade de Informática da UDC. Os investigadores recibiron os galardóns na Fundación BBVA en Madrid. Son premios que se conceden cada ano convocados pola Sociedade Científica Informática de España e a Fundación BBVA.


Son os máis prestixiosos a nivel estatal en Enxeñería Informática. Están dirixidos a recoñecer o labor de investigadores, entidades públicas e privadas na área da Informática que dedicaron a súa carreira á divulgación desta disciplina.

A modalidade Aritmel, na que foi galardoado Ramón Doallo, está dirixida a investigadores menores de 55 anos, que realizasen sobresalientes achegas científicas na área da Enxeñería Informática. Doallo pertencente ao Grupo de Arquitectura de Computadores. No seu fallo, o xurado destacou ao investigador polas súas achegas ao longo da súa traxectoria investigadora, así como pola súa intensa actividade de transferencia dos resultados ao sector empresarial e o seu recoñecido liderado científico.

Premio “Joven Investigador”

Nestes Premios Nacionales de Informática 2018 tamén foi galardoado como “Joven Investigador” David Vilares Calvo, investigador do Grupo de Investigación en Procesamento da Linguaxe Natural, Enxeñería Lingüística e Recuperación de Información  polas súas contribucións á investigación en técnicas e algoritmos para o procesamento da linguaxe natural, con especial énfase na súa aplicación á análise de sentimentos en redes sociais. O acto de entrega celebrouse o pasado 30 de outubro.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)