Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A contratación de persoas con discapacidade en Galicia medra un 7%



REDACCIÓN · PUBLICADO O 05 DE NOVEMBRO DE 2018 · (0)



Entre xaneiro e setembro de 2018, os minusválidos asinaron 4.301 contratos de traballo nesta comunidade autónoma fronte aos 4.014 de 2017, un incremento que permite prognosticar un novo récord despois de que o ano pasado xa rematara co máximo histórico de 5.328 contratos.


Os últimos datos presentados polo Servizo Público de Emprego Estatal permiten realizar unha radiografía do mercado laboral nos tres primeiros trimestres de 2018. A estas alturas, parece xa evidente que asistimos a una desaceleración do emprego que se manterá ata finais do ano. Sen embargo, o emprego das persoas con discapacidade amosa datos positivos en Galicia. Así, o incremento do 7% rexistrado nestes contratos na comunidade autónoma nos tres primeiros trimestres do ano é lixeiramente superior ao incremento da contratación xeral na rexión, que medrou un 6% nese período.

Entre as causas que subxacen a esta realidade destaca o paulatino, aínda que crecente, cambio de mentalidade por parte das empresas, que empezan a apostar pola diversidade e as políticas de inclusión como panca de competitividade. Todo iso, unido a factores como o desenvolvemento da tecnoloxía inclusiva ou as adaptacións tecnolóxicas, posibilita o acceso das persoas con discapacidade a postos de traballo aos que antes non tiñan acceso.

Non obstante, Francisco Mesonero, director xeral da Fundación Adecco, afirma que, a pesar de que o mercado laboral se estea a comportar positivamente en relación a estas persoas, “aínda quedan grandes retos por diante”, entre eles “a maior penetración das persoas con discapacidade no emprego ordinario”, xa que o 71% dos contratos seguen asinándose no ámbito protexido. “Os Centros Especiales de Emprego (CEE) cumpren unha importantísima misión social, constituíndo unha solución que favorece a empregabilidade e o empoderamento das persoas con discapacidade, pero moitas veces se esquece o carácter transitorio que marca a lei e o feito de que a empresa ordinaria representa o máximo expoñente de inclusión sociolaboral. Sen embargo, aínda existen obstáculos como a sobreprotección ou o descoñecemento que conducen ás persoas con discapacidade ao emprego protexido como única opción”, sinala.

Ademais, Mesonero non esquece a importancia de seguir apoiando ás persoas con discapacidade no seu acceso ao emprego. “Son aínda moitas as que poderían traballar e non o fan; ademais, é crucial garantir que a súa contratación non obedece exclusivamente á conxuntura do momento, senón que é extensible e sostible en calquera ciclo económico”, comenta.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)