Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Un país de autónomos



REDACCIÓN · PUBLICADO O 05 DE NOVEMBRO DE 2018 · (0)



España atópase entre as nacións da OCDE con maior taxa de traballadores por conta propia, a proporción que varía considerablemente entre estes países, nun rango que vai dun máximo superior ao 34% ata o 6%.


Grecia é o país coa maior taxa de emprego autónomo cun 34,1%, seguida por Turquía (32,7%), México (31,5%) e Chile (27,4%). Corea supera o 25%, mentres que Italia está por riba do 23% e Polonia chega ao 20,4%. A República Checa e Portugal comparten un 17% e os Países Baixos rexistran un 16,7%.

En España a proporción de traballadores autónomos acada un 16,5%. Entre os países da Unión Europea que pertencen á OCDE ocupamos o sétimo lugar e estamos no posto 12 entre o conxunto de nacións da OCDE, cifras que demostran a importancia deste colectivo no noso país. Irlanda, o Reino Unido e Eslovaquia están por riba do 15%. As taxas baixan á contorna do 12% en Austria, ao tempo que Francia rexistra un 11,6%. En Xapón, Alemaña, Australia e Suecia a proporción de traballadores autónomos sitúase sitúa ao redor do 10%. Pechan a clasificación Dinamarca (8,2%), Noruega (6,5%) e os Estados Unidos (6,3%).



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)