Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

AJE Ourense, en cifras



REDACCIÓN · PUBLICADO O 05 DE NOVEMBRO DE 2018 · (0)



Os mozos empresarios desta provincia presentaron esta mañá algúns datos relativos ás empresas asociadas, cuxa facturación se achega aos 50 millóns de euros e os seus produtos e servizos están presentes en 21 países de América, Europa, Asia e África.


O presidente desta asociación, Lois Babarro, comezou a presentación das cifras aludindo aos 116 asociados a AJE Ourense, once máis que o ano pasado, que veñen a demostrar que na provincia “hai cultura do asociacionismo” e que hai “un colectivo representativo ao que as empresas se animan a sumarse”. Isto, segundo explicou, xa fixo posible que a organización acadase na actualidade un punto de autofinanciamento a través das cotas dos seus asociados, sen contar con subvencións de organismos públicos.

As empresas integrantes da asociación dan emprego a 500 persoas unha media de catro por empresa e, en canto a facturación, os datos deste colectivo no último año revelan unha suma de 48,5 millóns de euros, o que supón tamén un incremento con respecto ao exercicio anterior, cando a cifra foi de 40 millóns. Isto representa unha media de 418.000 euros por firma, e incluso algunha delas move entre dous e cinco millón de euros ao ano.

As sociedades deste colectivo xeraron emprego no último ano e “isto é unha boa noticia para os mozos empresarios”, segundo comentou Babarro, quen destacou ademais que, aínda que é unha asociación multisectorial, “veñimos notando un crecemento no sector agroalimentario nos últimos tempos coa incorporación de empresas de queixos, castañas, viño, pan…, o que demostra que o rural ourensán ten futuro e a nivel internacional é moi recoñecido”.

Exportación

Non obstante fixo fincapé en que este futuro depende da actitude da xente que vive aquí, e puxo como exemplo a “mozos empresarios que montaron aquí as súas empresas, crean empleo en Ourense e ademais tamén facturan noutros países”. Neste sentido, aludiu aos datos de exportación de membros de AJE, que levan os seus produtos e servizos a países como Vietnam, Portugal, O Salvador, Marrocos, Estados Unidos, Colombia, México, Arxentina, Canadá, e así ata 21 estados de catro continentes.

Babarro estivo acompañado na presentación e o posterior almorzo cos medios de comunicación polo vicepresidente da entidade, César González, además de José Manuel Martínez e Nuria Iglesias, tamén membros da directiva. Babarro agradeceu á prensa que dea visibilidade e difusión ás súas actividades e presentacións, pois considera que este balance anual é tamén unha mensaxe social á cidadanía pàra que vexa que, “a pesar do que ocorre na provincia, segue habendo mozos que, sen a axuda que quixesen ter, apostan polo seu territorio e por emprender e facturar aquí”.

Máis socios

Tras a presentación dos datos, o presidente de AJE destacou o aumento no número de socios da entidade, que contaba con 36 hai tan só catro anos, o que implica un crecemento anual ao redor do 20%. De maneira paralela tamén incidiu no incremento na visibilidade, sobre todo grazas aos medios de comunicación que “dan a coñecer todas as cousas boas que hai na provincia e transmiten a mensaxe social de que, aínda que hai cousas que mellorar, tamén se poden facer as cousas ben dende aquí”.

Dende AJE Ourense reivindican así mesmo a actitude positiva á hora de emprender, a autocrítica en termos sociais e a proactividade, é dicir, non fiar o futuro da provincia ao que sucede nas institucións, senón apostar polas capacidades da xente, polos produtos de aquí, polo comercio local…, para o que cómpre implicarse e cambiar as cousas, xa que “culpar a outros e repetir un problema mil veces non o vai solucionar”.

Babaro rematou a súa intrervencón insistindo na aposta por sectores como o agroalimentario ou o madereiro, avogando por unha mellor regulación e ordenación. Ademais se amosou partidario de que sexa a iniciativa privada a que dea o primeiro paso para emprender, pero sempre e cando a partir de aí “as institucións xeren o ecosistema necesario para poder medrar”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)