Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A mellor incubadora de empresas de España



REDACCIÓN · PUBLICADO O 06 DE NOVEMBRO DE 2018 · (0)



O viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Santiago repite no primeiro posto do Ranking Global elaborado por Funcas, unha posición que xa acadara en 2015 pola “calidade superior nos seus servizos”.


Ubicado en el polígono santiagués de Costa Vella, o viveiro compostelán está orientado fundamentalmente ao sector servizos, pero pode servir tamén como oficina de xestión de proxectos relacionados con outros sectores. Na actualidade estanse incubando 42 empresas –22 no viveiro físico e 20 no virtual–, cunha taxa de ocupación aproximada do 80%. Dende a súa creación en 2006, pasaron por el un total de 177 empresas, das que, 135 continuaron a súa actividade empresarial con éxito fóra de el, polo que finalmente a taxa de supervivencia empresarial se sitúa nun 76%.

O indicador de Funcas analiza e desglosa en seis apartados a actividade dos viveiros: difusión do espírito emprendedor, pre-incubación, incubación básica, incubación avanzada, graduación e discapacidade e emprendemento. Esta clasificación está enmarcada no informe titulado Os servizos que prestan os viveiros de empresas en España, ranking 2018-2019”, traballo asinado por cinco investigadores que se estende ao longo de 78 páxinas.

Tras ser recoñecido como o mellor viveiro de empresas de España, a dirección da Cámara de Santiago, celebra tal distinción e destaca a importancia dun traballo continuado de anos. “O estudo de Funcas recoñece que somos un viveiro exemplar na incubación de proxectos empresariais. Fumos os mellores de España en 2015 e agora repetimos, e os mellores de Galicia en 2016. A nosa vocación no fomento do emprendemento e a súa cultura é incuestionable. Os resultados aí están e, por iso, todos os nosos profesionais merecen igualmente ser felicitados”, manifestou.

O viveiro de empresas compostelán creouse en 2006 para impulsar a creación, crecemento e consolidación de empresarios individuais e empresas. Con financiamento achegado integramente por recursos propios da Cámara de Comercio de Santiago, a incubadora conta unicamente con apoio técnico da Administración local. Ademais, forma parte activa da Rede Incyde, a maior rede de viveiros empresariais de Europa, que actualmente conta con 177 viveiros de empresas en funcionamento, o que permite aos seus viveiristas ter acceso a unha rede internacional de contactos e eventos.

Características

A incubadora da cámara santiaguesa ten unha superficie construída de 1.599,8 metros cadrados, con catro alturas e 24 oficinas, ademais de sas de reunións e aulas, e está adicada integramente á incubación de proxectos empresariais. Nestas instalacións, os viveiristas reciben formación, titorización e asesoramento especializado segundo as necesidades propias de cada proxecto, accións que representan a súa verdadeira razón de ser e ofrecen valor engadido.

De maneira complementaria, o centro ofrece a opción de viveiro virtual para aqueles interesados que non precisen, polas características da súa actividade empresarial, dun espazo físico onde ubicarse pero si a infraestrutura, loxística e servzos ofrecidos polo viveiro.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)