Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Aumentan entre un 80 e un 134% os pedidos de comida vegana en España



REDACCIÓN · PUBLICADO O 06 DE NOVEMBRO DE 2018 · (0)



Novembro é o Mes Mundial do Veganismo, unha tendencia gastronómica en aumento segundo recentes datos das británicas Deliveroo e Just Eat, dúas coñecidas empresas que levan comida á casa de todo tipo de restaurantes.


Deliveroo asegura que os españois aumentaron nun ano un 134% os pedidos de comida vegana, elaborada sen utilizar nin consumir ningún ingrediente animal. A oferta de establecementos crece ao ritmo: ten asociados máis de 30 restaurantes que ofrecen esta cociña entre restaurantes, bares e xeaderías. E Just Eat afirma que os pratos veganos e vexetarianos que lle piden os clientes aumentaron un 80% e un 29%.

As cifras cantan e confirman que os españois non só consomen cada vez máis comida vegana, senón que teñen máis restaurantes nos que poden escoller. As receitas son cada vez máis variadas polo que non teñen nada que envexar a outras opcións. Renunciar á carne, o peixe, o leite ou os ovos non implica -para os seus adeptos-, resignarse a unha dieta monótona, a cociña vegana é creativa con achegas que fan a boca auga mesmo aos profanos. Entre os pratos preferidos polos españois: ensalada de cenorias asadas e  aguacate, Burrito Veggie con vexetais, e hamburguesas e hotdogs  100% veganos.

O estudo realizado a partir de estatísticas internas de Just Eat de datos a máis de 3.500 usuarios tamén confirma que a comida que máis está a crecer é a saudable, cun 260%. E os pratos veganos e vexetarianos tamén aumentaron un 80% e un 29%.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)