Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O IESE presenta en Vigo os programas directivos que imparte en Galicia



REDACCIÓN · PUBLICADO O 06 DE NOVEMBRO DE 2018 · (0)



En xaneiro comeza unha nova edición do Programa de Desenvolvemento Directivo, polo que o xoves 8 de novembro, a partir das 18:45, a escola de negocios celebra no Círculo de Empresarios de Galicia un “Open Day” para dalo a coeñcer.


Durante a xornada mostrarase a metodoloxía do IESE, o estudo do caso, dirixido por Álvaro San Martín. Este método sitúa aos participantes fronte a unha problemática real da empresa na que deben analizar a información, traballar en equipo e tomar decisións.

O Programa de Desenvolvemento Directivo (PDD) darase en Santiago de Compostela entre os meses de xaneiro e xullo de 2019, pero Vigo é a cidade escollida para presentalo este ano con Álvaro San Martín, profesor de Dirección de Persoas nas Organizacións e Doutor en Administración por INSEAD.  

O PDD que se imparte en Galicia está deseñado para que empresarios e directivos desenvolvan unha visión integral da organización: responsabilidades directivas e labores de cada área no marco xeral da empresa. Conta coa baza do prestixios dunha das principais escola do mundo en programas de formación de directivos cun claustro de profesores de recoñecemento, e expertos en diferentes ramas da dirección. Dá cursos en Galicia dende 1983, onde conta con máis de 500 antigos alumnos.

 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)