Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Cermi tamén critica as estacións de servizo desatendidas



REDACCIÓN · PUBLICADO O 07 DE NOVEMBRO DE 2018 · (0)



O Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia reuniuse coa Federación Galega de Estacións de Servizo para expoñerlle as limitacións que estas gasoliñeiras acarrean a este colectivo.


Na reunión participaron o presidente e o secretario xeral de Cermi Galicia, Iker Sertucha e Carlos Fernández, respectivamente, que trataron cos representantes de Fegaes a problemática das estacións desatendidas, xa que, segundo sinalan, “este tipo de negocio ofrece grandes limitacións para o seu uso por parte de detrerminados colectivos”, entre os que destacan o de persoas con discapacidade. Ademais, comentaron que estas gasoliñeiras “representan un risco potencial para a seguridade do consumidor debido á natureza dos produtos” que se manexan.

Por último, os representantes de Cermi Galicia e de Fegaes acordaron iniciar un camiño de colaboración orientado a mellorar as condiciónes ofrecidas por este tipo de negocio, trasladando as conclusións deste primeiro encontro á totalidade das entidades que conforman o comité nesta comunidade autónoma, de cara a combater esta problemática.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)