Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O negocio do persoal 'shopper' inmobiliario medra o 50% nun ano



REDACCIÓN · PUBLICADO O 07 DE NOVEMBRO DE 2018 · (0)



A asociación que agrupa a estes profesionais (Aepsi) detectou 300 novos axentes ou axencias especializadas ofrecendo o servizo. A clave do éxito radica no nivel de profesionalización e na personalización nun mercado tan complexo e competitivo.


Segundo o presidente de Aepsi, Enric Jiménez, “en 2017 había uns 500, mentres que en 2018 a cifra alcanzará os 800” e explica que “no proceso de procura dunha vivenda un PSI defende de forma exclusiva os intereses do comprador ou investidor, non dos vendedores nin das axencias inmobiliarias tradicionais”.

Cales son os beneficios de contratalos? Jiménez teno claro e defende o seu traballo: “aforro de tempo e diñeiro e a seguridade que se garante ao longo do proceso de compravenda”. Procura buscar o tipo de vivenda que quere ocomprador, e non deixa de facelo ata que dá coa que mellor encaixa coas características e calidades preferidas e co orzamento dispoñible. O PSI adáptase ás necesidades do comprador, tanto na procura como na realización das visitas, e cando por fin atópase a vivenda, encárgase da negociación para conseguir o mellor prezo e de todo o papeleo para rematar.

Esta figura está á alza no mercado inmobiliario español, algo que tamén indican as cifras de negocio que están a mover: non último ano, o número de operacións xestionadas polos membros de Aepsi creceu un 50%, superando os 120 millóns de euros en valor de transaccións. En canto a número de membrosn a asociación creceu un 20%, e oobxectivo para 2020 é superar o centenar de socios e socias.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)