Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os galegos aforrarán, de media, 1.420 euros ao deixar de pagar o imposto das hipotecas



REDACCIÓN · PUBLICADO O 08 DE NOVEMBRO DE 2018 · (0)



Dado que o AJD está cedido ás Comunidades e cada unha cobra o que quere, as diferenzas en España son abraiantes. En Baleares (2.374 euros), Cataluña (2.006 euros) e Andalucía (1.617 euros) é onde máis pagan. No extremo contrario: Ceuta (537 euros), Navarra (548 euros) e Melilla (697 euros). O caso é ver se agora non encarecen os diferenciais.


“Á espera dos movementos que empecen a realizar os bancos, a decisión inicial do Supremo sobre o imposto de AJD xa provocou que varias entidades afirmasen que este cambio de criterio podería provocar que subisen o interse das hipotecas. Se tras o anuncio do Executivo confirmásense as intencións das entidades, sería peor o remedio que a enfermidade: por pequena que fose a subida nos diferenciais o gasto extra que supondía neutralizaría e, mesmo, aumentaría o custo que terminaría pagando o cliente pola súa hipoteca”, explica Estefanía González, voceira de Kelisto.es.

Partindo das ofertas que actualmente comercializan as entidades e tomando como referencia unha hipoteca media en España, o gasto en intereses que asume o consumidor se  sitúa en 14.756,51 euros. Se os diferenciais desas ofertas aumentasen en 0,10 puntos, os intereses subirían ata os 16.346 euros, é dicir, 1.590 euros máis do que se paga hoxe e 134,96 euros máis que se se abonase o imposto de AJD (+9,27%).

As consecuencias serían peores se a subida dos diferenciais fose máis pronunciada. Así, cunha suba de 0,20 puntos, os intereses totais a pagar serían de 17.954,39 euros, o que supón un desembolso extra de 3.197,88 euros respecto ao actual: é dicir, 1.742 euros máis que se se abonase o imposto de AJD.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)