Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os postos mellor pagados en España



REDACCIÓN · PUBLICADO O 08 DE NOVEMBRO DE 2018 · (0)



Ortodoncistas, implantólogos, directores de proxectos de enxeñería e directores de informática, son os traballaos con mellores pagas segundo os datos de InfoJobs e Esade. Pero como sector en global é Informática e Telecomunicacións é o que ofrece as mellores oportunidades laborais, cun salario bruto media de 29.082 euros anuais.


Os traballos de odontoloxía lideran por segunda vez o posto do mellor salario bruto medio, que volve acadaro máximo histórico, con 70.718 euros anuais, aumentando en 5.911 euros nun ano (9% máis). Séguenlle director de proxectos de enxeñaría (63.680 euros brutos anuais) e director de informática (50.113 euros brutos anuais). Pero irrompe no ranking inmobiliario e posiciónase entre os cinco primeiros, cun salario bruto medio de 48.413 euros anuais.

Un signo claro de que  o sector inmobiliario está a recuperarse e excede xa os niveis  precrisis. De feito, o seu volume de vacantes creceu un 50% no último ano, pasando de 18.000 a 27.000 ofertas publicadas en  InfoJobs.

Todos estes son os ingredientes da receita do bo salario. Por sectores, Informática e Telecomunicacións ocupa, un ano máis, a primeira posición cun salario bruto media de 29.082 euros anuais. Séguenlle o sector de Inmobiliaria e Construción, que alcanzaba os 27.959 euros brutos anuais en 2017, recuperándose respecto a anos anteriores, e Enxeñeiros e técnicos, con 27.685 euros.

En función do tipo de contrato, de acordo coas vacantes publicadas en  InfoJobs, os salarios máis elevados son para os autónomos, para compensarlles a falta doutro tipo de vantaxes. En concreto, o salario medio bruto situábase nos 37.108 euros anuais, seguidos dos contratos indefinidos, con 28.924 euros brutos anuais. No que respecta aos estudos, os perfís universitarios son os que optan ao mellor salario, de 28.280 euros brutos anuais de media, moi por encima dos profesionais con FP (23.157€) ou estudos básicos (19.661€).  Por comunidades autónomas, Madrid (24.829€) e Cataluña (23.565€) son as que ofrecen mellores salarios, lonxe de Aragón (20.835€) ou Cantabria (19.176€),



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)