Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Luz Pozo Garza será filla adoptiva de Viveiro



REDACCION · PUBLICADO O 08 DE NOVEMBRO DE 2018 · (0)



Luz Pozo Garza será nomeada filla adoptiva do Concello de Viveiro o próximo 18 de novembro. A autora e académica asistirá ao acto que terá lugar no Teatro Pastor Díaz a partir das 12:30 horas.

 


A colaboradora de ECO será homenaxeada o domingo 18 de novembro en Viveiro, a vila na que pasou parte da súa infancia e na que exerceu a docencia durante anos. 

A corporación municipal de Viveiro acordou por unanimidade no pleno do pasado 11 de outubro concederlle o título de filla adoptiva, unha iniciativa que partiu de Luis Fernández e Marisol Prieto e que foi apoiada por diversos colectivos locais e por máis de 160 veciños e veciñas a título persoal.

Este novo recoñecemento da vila luguesa á que tan ligada se sente a escritora sumarase ao recibido o pasado mes de marzo, cando o claustro da Escola Oficial de Idiomas de Viveiro decidiu darlle o seu nome ao centro educativo.

Luz Pozo Garza, nacida en Ribadeo en 1922, leva oito décadas escribindo. En 1950 ingresou na Real Academia Galega como correspondente e desde 1996 é membro de número. A institución rendeulle homenaxe en xullo de 2017 co gallo do seu 95 aniversario nun emotivo acto no que recordou a súa decisión, en plena ditadura, de pasar a escribir en galego, lingua na que publicou un libro por primeira vez en 1952.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)