Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Gadisa recolle un galardón nos VIII Premios Líderes en Calidade, outorgado por Expourense



REDACCIÓN · PUBLICADO O 09 DE NOVEMBRO DE 2018 · (0)



Tamén resultou finalista nos IX Premios Corresponsables. Todos suman un novo respaldo ao seu labor de Responsabilidade Social Corporativa no relativo  á preservación do  medioambiente -dende 1995 desenvolve unha política de reciclaxe- e ao fomento de hábitos de vida saudable.


No caso do plástico alcanzáronse as 776 toneladas; 6.904  tn de cartón; e 228  tn de madeira no último exercicio. E os movementos de caixas plásticas reutilizables mantivéronse novamente por encima dos 5 millóns. O VIII Premio “Líderes en Calidade na categoría de medioambiente, recolleuno o director de comunicación, José Luis Fernández Astray.

A empresa alimentaria galega reduce emisións contaminantes mediante a colaboración con máis de 850 provedores locais e ofrécense aos clientes máis de 330 referencias de produtos ecolóxicos. Os puntos de venda e centros loxísticos adoitan ter melloras permanentes de eficiencia enerxética con iluminación LED, equipos de frío de nova xeración e medios de climatización máis eficientes. A optimización de rutas e cargas contribúe a diminuír a emisión de CO2.

Na categoría “Grandes empresas e fundacións de empresa” recolleuno polo seu programa de visitas escolares “Alimentes”, nunha edición á que concorreron  máis de 500 candidaturas de España e Latinoamérica. “Alimentes”, que obtivo unha gran acollida nos seus 15 anos de funcionamento, fomenta hábitos de vida saudable e consumo responsable entre máis de 8.000 alumnos de Educación Infantil e Primaria de Galicia e Castela e León. O envío de material didáctico aos centros  compleméntase con visitas guiadas a supermercados da compañía. Na última edición desenvolveuse en preto dunha decena de localidades.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)