Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Mulleres Colleiteiras supera por primeira vez os 10.000 litros de aceite usado recollidos nun só mes



REDACCIÓN · PUBLICADO O 09 DE NOVEMBRO DE 2018 · (0)



Os 10.074 litros de aceite usado recollidos en outubro para a súa valorización e reutilización como combustible amosa o crecemento sostido desta iniciativa, que espera superar amplamente os 43.916 litros recollidos o pasado ano.


Mulleres Colleiteiras é un proxecto impulsado por Arquitectura Sen Fronteiras, co apoio de Edar Bens SA, que ofrece a mulleres en risco de exclusión a posibilidade de ter un emprego ao tempo que colaboran coa reciclaxe dun residuo perigoso e difícil de eliminar como é o aceite usado. As mulleres que participan no programa recollen o aceite dos colectores e o trasladan ás súas instalacións para transformalo en biodiésel.

O aceite usado, unha vez limpo, véndese a unha empresa externa para a súa utilización, pero Mulleres Colleiteiras está traballando para completar o proceso nas súas propias instalacións e reutilizar o aceite a nivel local, para calefaccións de colexios e outros organismos públicos.

Ademais, Edar Bens SA vai transformar a furgoneta que utilizan as Mulleres Colleiteiras para facela funcionar con biometano obtido durante o proceso de depuración das augas residuais da Coruña e a súa contorna. Deste modo, o vehículo co que este colectivo recolle o aceite usado dos máis de 47 contedores que xestiona na cidade, funcionará tamén con enerxía renovable.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)