Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

ITG e Agasint colaborarán na promoción da industria galega de sistemas intelixentes



REDACCIÓN · PUBLICADO O 09 DE NOVEMBRO DE 2018 · (0)



Asinaron un convenio de colaboración mediante o que o Instituto Tecnolóxico de Galicia asesorará á Asociación Galega de Sistemas Intelixentes Non Tripulados en aspectos relacionados con regulación e impulsará proxectos colaborativos de I+D entre membros da asociación.


O convenio, asinado polo director xeral de ITG, Carlos Calvo, e polo presidsente de Agasint, Luis Aceituno, contempla ademais que o instituto preste apoio á asociación para a súa intervención en foros e redes de cooperación de transferencia tecnolóxica e apoio á innovación. Este apoio, xunto á iniciativa CivilL Uav’s, creada pola Xunta para o impulso da industria de sistemas aéreos non tripulados e o talento das empresas galegas, oriéntase cara un futuro no que as persoas e as máquinas intelixentes convivirán colaborativamente no día a día.

En palabras de Carlos Calvo, este convenio é resultado do “compromiso del Instituto Tecnolóxico de Galicia de impulsar a I+D en Galicia a todos os niveis”, máis en concreto no referido ao “desenvolvemento da investigación no eido dos sistemas ou vehículos intelixentes non tripulados”. E como proba deste compromiso, o director do ITG cita a Unidade Mixta de Investigación Fastfly (Full Autonomous Systems for UAS) que, impulsada pola Xunta, desenvolve o instituto co seu socio SDLE e que “permitirá desenvolver tecnoloxía para que os drons operen cunha maior autonomía e con capacidade para actuar en escenarios civís complexos”. Trátase, segundo explica, da única unidade mixta galega especializada en drons e ten a súa sede central na Coruña, nas propias oficinas de ITG.

Para Luis Aceituno, pola súa banda, o apoio de ITG a través deste convenio, como unha institutción “comprometida co desenvolvemento tecnolóxico de novos sistemas intelixentes non tripulados”, sumado ás potencialidades das empresas asociadas a Agasint, “dará un impulso exponencial nos avances funcionais dos produtos finais conseguindo despregar novos servizos e un aumento na seguridade e fiabilidade”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)