Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

María Xesús Lama, Premio Nacional de Ensaio 2018



REDACCIÓN · PUBLICADO O 12 DE NOVEMBRO DE 2018 · (0)



A filóloga lucense -estudosa da apropiación de temas das lendas celtas e da Bretaña pola literatura galega contemporánea- vé como a súa obra ‘Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863)’, é premiada por "revisar unha imaxe ancorada nunha visión romántica e llorosa, mostrando a unha escritora independente e defensora da liberdade".


O xurado do Premio Nacional de Ensaio, reunido o pasado 8 de novembro no Ministerio de Cultura e Deporte, outorgoulle un premio dotado con 20.000 euros. María Xesús Lama (Lugo, 1964), estudou Filoloxía Galego-Portuguesa e Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela. Doutorouse na Universidade de Barcelona en 2002 e hoxe é profesora titular de Literatura Galega nesa universidade.

As súas áreas de investigación céntranse na interrelación entre o proceso de construción nacional e a literatura en Galicia e desenvólvese en tres direccións principais nas que se centran as súas publicacións: a vida e obra de Rosalía de Castro como escritora fundacional da literatura galega; o tratamento literario da suposta orixe celta de Galicia e a literatura da emigración e o exilio. A tamén é autora da obra O celtismo e a materia de Bretaña na literatura galega: cara á construción dun contradiscurso histórico de ficción na obra de Xosé Luís Méndez Ferrín, traduce do alemán e do inglés ao galego e olabora habitualmente en diversas revistas literarias.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)