Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A formación de postgrao sobre Economía Social consolídase



REDACCIÓN · PUBLICADO O 15 DE NOVEMBRO DE 2018 · (0)



O 58% das universidades españolas asociadas á CRUE (44 de 76) realizan algún curso sobre emprendemento, creación e xestión de empresas de economía social, ben de forma xeral ou ben sobre algunha das súas fórmulas empresariais.


A Confederación Empresarial Española da Economía Social (Cepes) confirma que a formación de postgrao sobre Economía Social se consolidou nas universidades españolas. Así o indica o informe A Economía Social na formación universitaria de postgrao: curso académico 2018-2019, elaborado por Cepes, que recolle información dun total de 115 accións formativas de postgrao e tres doutoramentos que se están ofertando neste curso académico.

“Este curso académico incrementouse a 44 o número de universidades con formación en Economía Social (eran 38 na edición anterior), polo que segue sendo imprescindible insistir no apoio, fomento e difusión da oferta formativa existente nesta materia para acadar a súa universalización en toda a contorna académica de educación superior que existe en España”, afirma o presidente de Cepes, Juan Antonio Pedreño.

Os estudos e investigacións especializadas continúan manifestando que a oferta formativa de grao e postgrao vinculada á economía social é aínda insuficiente, polo que o sector académico non debe recuar na súa contribución para apoiar o fomento e difusión da oferta formativa xa existente, así como incrementala dende todos os entes académicos de educación superior que existen neste país.

Estratexia Espñola

Neste exercicio, o informe, que Cepes realiza dende 2012, enmárcase no catálogo de actuacións que se desenvolven dentro da Estratexia Española de Economía Social 2017-2020, aprobada polo Goberno de España e cuxo obxectivo último é a posta en marcha de instrumentos que impulsen ás entidades da economía social, como por exemplo a través do incremento da visibilidade das entidades da economía social e da difusión da súa actividade (Eixo 8 da Estratexia). “Este Eixo da Estratexia Española pretende xerar instrumentos e mecanismos para incrementar o coñecemento da cidadanía española sobre a economía social e visibilizar o peso, valor engadido e a contribución destas empresas ao desenvolvemento socioeconómico do país, especialmente a través de programas educativos”, subliña Pedreño.

A publicación elaborada por Cepes realiza un percorrido pola oferta formativa posterior ao grao en todas as universidades españolas e reflicte aquela ligada ao fomento e promoción das fórmulas empresariais da economía social. “Centrouse o foco de interese naqueles cursos de postgrao relacionados co emprendemento colectivo baixo este modelo empresarial, na xestión de empresas e entidades de economía social, e naquelas outras accións formativas que de forma xenérica se dirixen a fomentar o emprendemento ou a constitución de empresas, pero nas que se presta especial atención aos modelos de empresa que conforman o conxunto da economía social”, conclúe o presidente de Cepes.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)