Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Muutech e Conver.Fit: dous proxectos galegos entre os cinco seleccionados polo FI Boost



REDACCIÓN · PUBLICADO O 15 DE NOVEMBRO DE 2018 · (0)



Competiron entre 147 candidatas: a escalabilidade do modelo de negocio, a base tecnolóxica, que se trate de empresas xa constituídas e que dispoñan dun produto mínimo viable foron os criterios principais de selección deste programa de aceleración empresarial de starts up.


Os vigueses Víctor J. Calvo ( CEO, 33 anos) e Óscar González (CMO, 33 anos), xunto co pontevedrés Fernando Fernánez-Valdés (CTO,33 anos) impulsaron Muutech (os tres na imaxe) en 2017 para servizos de monitoraxe industrial e de sistemas de telecomunicacións a pemes. E os vigueses Pablo Gutiérrez Alfaro (CEO, 35 anos) e Jorge  J. Rodríguez Núñez (COO, 35 anos) están detrás de Conver.Fit: unha plataforma de márketing baseada na intelixencia artificial e as solucións cloud.

As dúas empresas galegas terán a xestión integral e gratuíta dun expediente ENISA (ENISA Novos emprendedores, ata 75.000 euros; ENISA Emprendedores, ata 300.000 euros; e  ENISA Crecemento, ata 1,5 millóns de euros) por parte do equipo de F. Iniciativas, co que poderán acceder a financiamento público. As startups terán á súa disposición tamén medio centenar de mentores (internos e externos) para fortalecer as súas áreas estratéxicas.

A formación é outro dos eixos de FI Boost. Os equipos profesionais das cinco startups recibirán formación en innovación e a súa fiscalidade, financiamento público, vendas e desenvolvemento de negocio, métricas, márketing e recursos humanos. Polo demais terán acceso á rede de máis de 1.500 clientes nacionais e 8.000 internacionais de  F. Iniciativas, o que redundará no proceso de aumento de oportunidades para a validación de probas de concepto en empresas interesadas.

Acompañarán ás galegas Hubtype (2016), Sensorial Processing Technology Barcelona (2017) e Alda (2017).

Investidores cualificados

Transcorrido o período de catro meses de aceleración, FI Boost celebrará o Demo Day, previsto para o 14 de febreiro de 2019. Neste marco, os responsables de Muutech e  Conver. Fit presentarán os seus proxectos empresariais ante un grupo de investidores cualificados especializados en modelos de negocio innovadores. A primeira edición de FI Boost prodúcese tras a recente creación de FI- Ready por parte de F. Iniciativas, que ten oficinas en Madrid, Barcelona, Bilbao, Valencia e Palma de Mallorca, ademais de delegacións na Coruña, Sevilla, Málaga, Valladolid, Pamplona, Zaragoza e Xixón.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)