Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Un novo espazo para o debate entre a sociedade ourensá



REDACCIÓN · PUBLICADO O 27 DE NOVEMBRO DE 2018 · (0)



Empresarios e profesionais únense no Foro Liceo para tratar de reverter a situación de afastamento de Ourense das provincias da costa galega, o seu escaso peso no PIB autonómico (11%), e os problemas de despoboación e envellecemento.


Coa sinatura da súa acta fundacional e o posterior debate entre representantes dalgunhas das entidades firmantes, onte á tarde quedou constituído o Foro Liceo, unha agrupación de 12 entidades que ten por finalidade facer reaccionar á cidadanía ante problemas como a non materialización de infraestruturas xa proxectadas e presupostadas e reclamar un “taratamento singular” para esta provincia co fin de “evitar a despoboación e paliar o envellecemento”.

Lois Babarro, de AJE Ourense; Beatriz Gómez, da Federación de Comercio de Ourense; Xabier Casas, do Liceo de Ourense; Alberto de Paula, do Colexio de Arquitectos de Galicia; José Luis Jiménez, do Colexio de Arquitectos de Galicia, e Elías Mera, da Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao, protagonizaron este primeiro debate, no que reivindicaron un “tratamento fiscal especial” en aspectos como os servizos, a emigración ou a vivenda, pero tamén e “moi especialmente” en infraestruturas, tanto viarias como ferroviarias, sanitarias e culturais.

Tamén se tratou, baixo a presentación e coordinación de Juan Maceiras, a situación do Concello de Ourense, criticando especialmente a súa falta de capacidade para chegar a acordos e ter uns “servizos municipais lentos e ineficientes”. Desta forma, animouse á cidadanía a espertar do seu conformismo, porque “a provincia de Ourense ten características privilexiadas e xentes emprendedoras” que son quen de reverter esta situación, e facerlle sentir ás autoridades o alento dunha sociedade unida que, sen cores, reivindica “o que nos corresponde”.

O Foro Liceo, que nace baixo o lema E Ourense tamén”, ten a súa sede no Liceo de Ourense e ampliarase proximamente a máis colexios profesionais e asociacións cívicas para reunirse periodicamente e tratar asuntos específicos. De momento as asociacións que o compoñen son: Liceo de Ourense, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, AJE Ourense, Colexio Oficial de Médicos de Ourense, Asociación de Propietarios de Fincas Urbanas, Colexio de Economistas de Ourense, Federación de Comercio de Ourense, Agrupación Provincial de Libreiros de Ourense, Federación de Librarías de Galicia, Asociación de Empresarios do Polígono San Cibrao, Colexio de Avogados de Ourense e Centro Comercial Aberto-Ourense.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)