Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Moi boa estrea da I Feira de Innovación USC-Abanca



REDACCIÓN · PUBLICADO O 27 DE NOVEMBRO DE 2018 · (1)



Rapaces de institutos de toda Galicia comezaron a achegarse pola  mañá á Cidade da Cultura para participar en exhibicións, presentación de spin-offs e patentes xurdidas na universidade compostelá, obradoiros de emprendemento, charlas e conferencias.


Nun espazo de 500 metros cadrados a feira contempla durante dúas xornadas actividades interactivas con persoal investigador de centros da USC como demostracións de impresión 3D, robots e software de modelado de moléculas. Conectarase a través de Internet con egresados da USC en empresas e institucións como a Xunta, o CERN, a Real Academia Galega e a Real Academia Española.

Na feira están tamén presentes a Oficina de Información Universitaria, que resolve dúbidas sobre o ingreso na universidade nos seus 50 graos, 10 dobres graos, 67 mestrados oficiais e máis de 100 cursos. Dase conta tamén da actividade investigadora da USC.

O ciclo de conferencias "Amosar e transferir o coñecemento" inaugurouno o catedrático Ángel Carracedo cun relatorio sobre o ADN e a xenética forense, que ateigou de público o auditorio, como recolle a imaxe de apertura. Por esa sala pasaron e pasarán tamén os docentes e investigadores da USC Ángel Carracedo, Jorge Mira, María Cadaval, Francisco Dubert, Paz García, Sebastián Villasante, José Alonso, Marilar Aleixandre, Santiago Galdo e Ramón Díaz, con temáticas que van dende os fusos horarios aos fármacos e drons, pasando polos océanos, a investigación xurídica ou as linguas. Haberá tamén unha mesa de debate promovida co apoio de Carrefour, que contará con representantes de empresas como Feiraco, Frinsa ou Aceites Abril.

O reitor, Antonio López, dixo na inaguración que “aquí ides atopar investigación, innovación e formación en bata branca e sen bata branca, dende as ciencias experimentais ata as humanidades”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (1)



Antonio

27 de novembro de 2018

Celébrase unha feira sobre innovación e na noticia fálase de todo menos de innovación. Vostedes non foron por alí, verdade?