Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os peregrinos reciclaron este verán 146 toneladas de envases nos tramos galegos do Camiño de Santiago



REDACCIÓN · PUBLICADO O 29 DE NOVEMBRO DE 2018 · (0)



A iniciativa posta en marcha por Ecoembes e a Xunta, na que participaron 216 albergues, conseguiu que se recicle un 45% máis que o ano pasado nos camiños Francés, do Norte e Portugués ao seu paso por Galicia.


Historia, cultura e tradición. Grazas a estes compoñentes, o Camiño de Santiago segue sendo un dos principais atractivos turísticos do país, e ano tras ano medra o número de persoas que deciden facer este percorrido espiritual batendo todos os récords. Ademais do seu carácter experiencial, un dos seus reclamos ao seu paso por Galicia é que transcorre por unha paisaxe incomparable. Unha contorna natural que, hoxe máis que nunca, cómpre protexer. Para contribuír con esta misión, Ecoembes e a Xunta puxeron en marcha durante o pasado verán unha nova edición de Camiño da Reciclaxe”, unha iniciativa que busca que os peregrinos poidan separar e reciclar os distintos envases que van xerando durante cada etapa, contribuíndo así ao coidado desta contorna e evitando á súa vez a basuraleza (residuos xerados polo ser humano e abandonados na natureza).

Entre os meses de xuño a outubro deste ano, grazas á colaboración dos peregrinos e hospitaleiros, logrouse reciclar 146 toneladas de envases só en Galicia, o que supón un 45% máis que no mesmo período do ano anterior. De modo máis concreto, os camiñantes depositaron 40.194 quilogramos no colector amarelo destinado aos envases de plástico, latas e briks e 106.126 quilogramos no azul reservado aos envases de papel e cartón. Para invitar aos camiñantes a que se gardasen os envases xerados en cada etapa e despois puidesen reciclaros á súa chegada ao albergue, repartíronse entre os peregrinos 40.000 bolsas reutilizables, un xesto moi valorado polos camiñantes.

“Dende Ecoembes puxemos en marcha o ‘Camiño da Reciclaxe’ coa intención de fomentar o ocio con conciencia nunha contorna tan emblemática para Galicia como é a ruta xacobea. Por iso, non nos cansamos de agradecer o compromiso dos peregrinos por axudarnos a coidar desta contorna natural a través da reciclaxe e o seu compromiso por erradicar a basuraleza, asegura a directora de Comunicación de Ecoembes, Nieves Rey.

Pola súa banda, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, lembra que dende que comezou a campaña hai tres anos “os avances foron espectaculares”, polo que incide en que “non podemos parar agora”. “O Camiño é patrimonio de todos, pero tamén é vida, é respirar e é paisaxe, polo que debemos protexelo a través de medidas como esta e no abandonalo”, destaca.

O papel dos ecoalberguese os hospitaleiros

Estes bos resultados tamén son froito do compromiso dos hospitaleiros, que se implicaron activamente na iniciativa fomentando a reciclaxe, e o aforro de auga e luz nos seus albergues, facéndoos máis sostibles. Un total de 216 ecoalbergues galegos repartidos nos camiños Francés, do Norte e Portugués como novidade este ano uníronse a esta iniciativa e foron equipados cunha media de entre dous e catro puntos de reciclaxe, á vez que se lles dotou de guías para saber como reciclar correctamente, carteis explicativos e vinilos con consellos para fomentar o aforro de auga e luz. Ademais, se lles fixo entrega dun felpudo que dá a benvida a todos os camiñantes ao albergue sostible e un selo que lles identifica como “ecoalbergue”. Por outra banda, un “peregrino misterioso” visitou todos os albergues do proxecto para ser testemuña da implementación destes recursos e premiar por sorteo entre os que máis se implicaron cunha medida sostible ao albergue gañador.

Da implicación no proxecto dos hospitaleiros da boa proba Salomé Gómez, do albergue de Ribadiso da Baixo, que destaca que “a acollida por parte dos peregrinos cada vez é maior”, cousa que notan na “cantidade de residuos que ten as papeleiras”. “Comparando co año pasado notouse un aumento, xa que agora estamos vaciando as papeleiras todos os días”, sinala.

Esta iniciativa, nada en 2016 co obxectivo de reforzar o compromiso de Ecoembes coa reciclaxe fóra do fogar, continuará ampliándose en 2019. Ademais, se completa coa web www.caminodelreciclaje.com, onde os peregrinos poden consultar toda a información relacionada cos albergues (como a súa dirección exacta, teléfono ou as prazas dispoñibles), descubrir consellos para facer un camiño máis sostible o coñecer a experiencia doutros peregrinos ou dalgún dos ecohospitaleiros que participan no proxecto.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)