Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Da teoría á practica



REDACCIÓN · PUBLICADO O 29 DE NOVEMBRO DE 2018 · (0)



 “A transferencia de tecnoloxía ao sector produtivo dende onde se produce a ciencia parece ser a vía máis razoable -e atrévome a dicir que a única realista- para alimentar a competitividade das empresas”, afirmou o presidente da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), Miguel Ángel Ríos, na entrega dos galardóns dos Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia.


O premio ao mellor traballo desenvolvido por un grupo de investigación aplicada, dotado con 6.000 euros netos e unha axuda de 4.000 euros para a formación dun dos investigadores, levouno o Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) e no Departamento de Química Física da USC. O proxecto dos doutores Francisco Rivadulla e Víctor Leborán consiste nun novo sensor con aplicacións no desenvolvemento de novos fármacos e produtos biomédicos.

A axuda de formación outorgada nos premios de hoxe permitiralle ao investigador do equipo Carlos López, facer unha estadía no Van 't Hoff Institute for Molecular Sciences da Universidade de Amsterdam. Puxo como exemplo o seu proxecto para afirmar que “debemos pensar que o muro que separa a investigación básica da investigación aplicada non é tal”, ao que engadiu que “tal vez o único que separa a investigación básica da investigación aplicada é a fronteira que marca o límite da nosa imaxinación”.

Nesta mesma categoría, o xurado dos Premios de Transferencia de Tecnoloxía decidiu outorgar unha mención especial ao proxecto “pescaenverde”, a única ecoetiqueta específica dos produtos do mar que informa ao consumidor sobre o impacto no cambio climático que supón cada peza de peixe á venda. Recolleron o recoñecemento Gumersindo Feijoo, María Teresa Moreira e Pedro Villanueva Rey, do Departamento de Enxeñería Química da USC.

Premio pemes

O premio da categoría de pemes foi recollido por Pedro Arias, cofundador de Ingeniería Insitu, a empresa galardoada, nacida do Grupo de Investigación en Xeotecnoloxías Aplicadas (GeoTech) da Uvigo e con sede actual en Lugo. O galardón, dotado con 12.000 euros, recoñece o sistema desenvolvido para permitirlles a empresas e administracións públicas inspeccionar, explotar e xestionar estradas, liñas de ferrocarril e aeroportos desde a oficina, a partir dos datos obtidos con múltiples sensores e que lle mostran ao usuario representacións 3D e imaxes sobre o estado da vía, e a visibilidade nun determinado momento.

Os galardóns, que este ano alcanzaron a súa cuarta edición, foron entrados pola RAGC e a Axencia Galega de Innovación o pasado 27. 

 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)