Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Vigo acollerá o mércores un encontro europeo sobre fotónica



REDACCIÓN · PUBLICADO O 30 DE NOVEMBRO DE 2018 · (0)



Baixo o título “Fotónica integrada: casos prácticos e aplicacións na industria”, a xornada está orientada ás empresas galegas co fin de dar a coñecer os usos desta tecnoloxía, considerada de futuro, nos procesos industriais.


Galicia, pola súa industria punteira en automoción e téxtil, é un obxectivo de interese para a Unión Europea na transferencia do coñecemento en materia de fotónica. De feito, esta é unha das primeiras tecnoloxías na que Europa está á cabeza, por diante de Estados Unidos. A xornada servirá tamén de lanzamento dun programa europeo que está a coordinar a Universidade de Vigo en colaboración coa empresa holandesa Smart Photonics. Trátase dun programa para capacitar a catro profesionais da Unión Europea na fotónica integrada, concedido ao equipo da Universidade de Vigo, dirixido polo investigador e subdirector de atlanTTic, Francisco Díaz. É a primeira vez que a institución viguesa consegue coordinar un programa ITN EID dentro da Marie Curie da Axenda H2020 da UE.

Ao encontro, que terá lugar na Zona Franca de Vigo, asistirán empresas vinculadas, principalmente, coa automoción, as tecnoloxías, o téxtil, a alimentación e a saúde. Participarán como ponentes os máis destacados expertos europeos en fotónica integrada: Auri Ripoll, directora de marketing de EPIC (European Photonics Industry Consortium), a asociación máis importante que reúne a todas as empresas dedicadas a esta tecnoloxía; Ronald Broeke, director xeral de Bright Photonics; David Mackey, CTO e fundador de mBryonics, e Francisco Soares, un dos máximos responsables do Instituto Fraunhofer Heinrich Hertz, o centro mais relevante de Europa en telecomunicacións aplicadas. Ao término das intervencións, o director do programa, Francisco Diaz, moderará unha mesa de traballo entre os expertos e as empresas galegas participantes.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)