Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

As redes sociais para emprendedoras e empresarias



REDACCIÓN · PUBLICADO O 30 DE NOVEMBRO DE 2018 · (0)



Un grupo de 40 mulleres participou onte nunha xornada no viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Santiago para coñecer as posibilidades que ofrecen estes medios para mellorar os resultados dos seus negocios.


A actividade, enmarcada no Programa de Apoio Empresarial ás Mulleres (PAEM), que desenvolve a cámara compostelá co cofinanciamento do Fondo Social Europeo (FSE), o Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades, e a Cámara de Comercio de España, serviu para que as asistentes puidesen descubrir as ferramentas básicas para elaborar un plan de marketing actual e eficiente que contribúa a enriquecer o seu plan de negocio.

O formador de marketing online Javier Rocamora foi o responsable de impartir a sesión, explicando a importancia de ter unha estratexia definida en redes sociais, o proceso de elaboración dun plan de marketing dixital, o uso profesional e a xestión de contidos nos social media, as claves do posicionamento SEO ou a función da publicidade online.

Para conseguir unha boa imaxe en redes sociais, Rocamora sinala que as emprendedoras e empresarias deben ter en conta multitude de factores segundo o perfil da audiencia á que se queiran dirixir, ademais de ter claro en que redes sociais lles interesa estar, que tipo de mensaxes queren publicar e de que recursos dispoñen. “O máis importante non é publicar moito, senón contar cousas que realmente sexan interesantes para os potenciais clientes e ser capaces de xerar reaccións e establecer conversación. A reputación en redes sociais non se basea tanto no que ti digas como no que os demais digan sobre ti”, destacou.

Estratexia clara

Ademais, o experto explicou que para conseguir un bo plan de marketing dixital, as emprendedoras deben ter unha estratexia clara para saber a quen se quere chegar e que se quere dicir para planificar axeitadamente onde van saír os contidos e de que forma se van publicar, sempre analizando os recursos destinados a esta actividade e sendo conscientes de que non se van a obter resultados inmediatamente.

As redes sociais de empresas requiren unha xestión profesional. Nesta liña, Rocamora indicou que as redes sociais deben administrarse como un recurso de comunicación bidireccional. “Nas redes non só se fala, tamén se escoita tanto aos posibles clientes como aos competidores. Unha pequena empresa pode espertar moita máis simpatía que unha grande se o fai ben”, aclarou.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)