Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Uns 100.000 galegos recuperarán o perdido tras a macrodemanda de cláusulas solo



REDACCIÓN · PUBLICADO O 30 DE NOVEMBRO DE 2018 · (0)



Adicae celebra unha sentenza histórica na que os consumidores gañan á banca. “A importancia do fallo da Audiencia Provincial de Madrid é un éxito, unha sentenza que condena pola fraudulenta cláusula suelo, prohíbelles aos bancos seguir usándoa e ordena devolver o cobrado dende a firma da hipoteca, e non só dende maio de 2013”.


O fallo pode aliviar a avalancha de demandas colapsadas nos xulgados: ata a data presentáronse 11.102 demandas nos xulgados especializados en cláusulas abusivas Galicia e só tense resolto 2.641.

"Esta sentenza pon fin a un proceso que miles de familias levan esperando durante anos, para ver compensados os seus danos económicos e morais", afirma a asociación de usurios de banca. A Audiencia Provincial ratifica a sentenza de primeira instancia e dá a razón a Adicae ao condenar a toda a banca á devolución íntegra para todos os consumidores con cláusula suelo. Os efectos desta sentenza son aplicables a todos os consumidores que tivesen cláusula suelo, como deixou claro o Tribunal Supremo.

"A macrodemanda sobre cláusulas abusivas deben servir de referencia para os xuíces que atendan posteriores litixios individuais sobre as mesmas condicións. É dicir, abarca a todos os consumidores e poderíase executar para todos os que quixesen resolvelo mediante un procedemento moi sinxelo".



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)