Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Antonio Casal, novo presidente de Aimen



REDACCIÓN · PUBLICADO O 30 DE NOVEMBRO DE 2018 · (0)



O director territorial de ENCE en Galicia recolle a testemuña de Pedro Merino, que levaba no cargo desde outubro de 2016. A traxectoria profesional de Casal, Enxeñeiro Industrial de formación, sempre estivo vecellada á celulosa, onde ocupou diversos postos de dirección.


O actual director territorial de ENCE para Galicia e director de Desenvolvemento e Mellora Continua do Grupo, tamén conta cun Máster en Dirección e Administración de Empresas por IDE e un Executive MBA por ESADE.

Onte á mañá celebrouse a Asemblea Xeral dos membros asociados de  Aimen para renovar os órganos de goberno. O novo Consello Directivo da asociación nomeou como presidente a Antonio Casal quen recolle a testemuña de Pedro Merino en representación de  Funditesa  Sanjurjo S. L e catedrático de Ciencia e Enxeñería de Materiais da Universidade de Vigo.

Nesta nova etapa como presidente de Aimen, Antonio Casal seguirá no camiño de afianzar a posición da entidade como aliado tecnolóxico para a industria galega e centro de referencia na prestación de servizos á industria. No Centro de Aplicacións Láser ubicado no Porriño se traballa no procesado de materiais e é actualmente o maior de España na súa categoría, tanto por persoal investigador como por investimento.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)