Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Naturgy amosa en Pontevedra como usar a enerxía de xeito responsable



REDACCIÓN · PUBLICADO O 30 DE NOVEMBRO DE 2018 · (0)



Lalín, O Grove e Cambados acollerán o Energytruck, un gran camión sostible deseñado pola Fundación Naturgy, que mostra dunha maneira visual e interactiva que é a enerxía e a consumila de forma responsable. Poderase visitar dende o luns ata o 14 de decembro.


A exposición itinerante permanecerá do luns ao mércores na praza do Concello, en Lalín, onde se poderá visitar, de maneira gratuita, de 9.30 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas. Dende o luns 10 ata o martes 11 de decembro o camión estará no Grove, na avenida de Beiramar, e estará aberto no mesmo horario. A partir do mércores 12 e ata o venres 14 instalarase en Cambados, na praza do Concello, e poderase visitar de 9.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas.

A mostra itinerante da Fundación Naturgy percorreu dende a súa posta en marcha en xaneiro de 2016 preto de 56.700 quilómetros e visitou 302 municipios da xeografía española, para trasladar coñecementos relacionados coa enerxía, o medio ambiente e o patrimonio industrial dunha forma amena, interactiva e con actividades didácticas conducidas por educadores especializados. Preto de 188.000 persoas visitaron a exposición, dos que máis de 71.000 son alumnos de grupos escolares de primaria, bacharelato e formación profesional, e máis de 116.900, persoas de diferentes colectivos sociais.

O camión conta cun motor dual de gas natural, que xera entre un 15% e un 20% menos emisións de CO2 respecto aos motores convencionais de gasoil. Mediante o sistema dual e un consumo de combustibles aproximado de 70% diésel e 30% gas natural comprimido, o vehículo contribúe á mellora da calidade do aire ao reducir un 39% as emisións de partículas e un 30% as emisións de CO2 respecto a un vehículo só con combustible diésel.

Nos seus 70 metros cadrados, o espazo móbil acolle un amplo equipamento tecnolóxico, formado por contidos audiovisuais interactivos e multimedia, ademais de paneis informativos. Trátase dunha exposición onde se pode experimentar cos contidos a través de actividades prácticas centradas no propio visitante. O proxecto tamén inclúe a oferta de talleres e actividades pedagóxicas participativas conducidas por educadores especializados, que divulgarán coñecementos de ciencia e tecnoloxía. As actividades, que son gratuítas, están dirixidas a todos os públicos e están adaptadas a persoas con discapacidade.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)