Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O aumento do investimento español desacelerarase en 2019



REDACCIÓN · PUBLICADO O 03 DE DECEMBRO DE 2018 · (0)



Segundo as previsións de outono da Comisión Europea, situarase por debaixo do 4% mentres que o presente exercicio se espera pechalo no 5,4%. No conxunto da UE pasará do 3,2% ao 2,9%.


O maior incremento do investimento corresponderá a Grecia cun 14,6%, figurando a continuación Hungría, Malta, Eslovenia, Chipre e Bulgaria, todos eles con taxas na contorna ou superiores ao 7%. Irlanda logrará situarse, xunto con Polonia, nun 5,7%, mentres que para Portugal se espera un incremento do 4,7%.

A previsión para España, lévanos a un crecemento da formación bruta de capital fixo do 3,9% en 2019, o que supón unha ralentización respecto ao 5,4% co que se espera pechar o exercicio actual. Os Países Baixos, a República Checa e Luxemburgo tamén superarán o 3%, ao tempo que Alemaña se situará xusto no promedio europeo.

Entre os membros da Unión Europea que se quedarán por debaixo da media estarán, entre outros, Francia cun 2,3%, Finlandia cun 2,2%, así como Italia e Suecia, que compartirán un 2,%. Pechan a clasificación Dinamarca e o Reino Unido.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)