Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Menchu Lamas entra na Real Academia Galega de Belas Artes



REDACCIÓN · PUBLICADO O 03 DE DECEMBRO DE 2018 · (0)



O pasado sábado a Ragba celebraba unha sesión extraordinaria e pública no Museo de Arte Contemporánea de Vigo “Marco” para recibir a unha muller crucial na arte contemporánea galega e española, amante da cor vibrante, a expresión e a simplicidade.


Lamas, que naceu en Vigo en 1954, formara parte ba década dos oitenta do coñecido grupo  Atlántica, artistas galegos interesados en romper co modernismo manierista propio da época e en situar a arte galega no panorama internacional; pero co paso dos anos non fixo senón consolidar máis o seu papel por libre.

De sempre traballou os lenzos cun gran formato, sempre baixo a influencia do movemento Pop e cunha iconografía baseada na simplicidade das formas e nas cores intensas e primarias. As súas pinturas forman parte de museos e coleccións públicas como a Colección de Arte Contemporánea “A  Caixa” (Barcelona), do CGAC de Santiago de Compostela),  do Macba  Museu d'Art  Contemporani de Barcelona (Barcelona) ou  do Centro de Arte Reina Sofía (Madrid).

No emotivo acto de benvida estiveron o seu marido, o tamén pintor Antón Patiño, o presidente do Tribunal Superior de  Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadenas; o secretario  xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, a edil do PP Teresa Egerique e Antón Reixa. O seu ingreso partiu da proposta de  Din Matamoro, Miguel Fernández Diz e Xurxo Lobato. 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)