Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Máis de 12,8 millóns de españois confían en manter o seu emprego nos próximos seis meses



REDACCIÓN · PUBLICADO O 03 DE DECEMBRO DE 2018 · (0)



A taxa de traballadores que confían en conservar o seu posto de traballo en España (66%) sitúase durante o cuarto trimestre de 2018 sete puntos porcentuais por debaixo da media europea (73%), segundo un estudo elaborado por Randstad.


Este índice supón, a súa vez, catro puntos porcentuais menos respecto ao trimestre anterior, aínda que está ao mesmo nivel que a porcentaxe rexistrada nos primeiros trimestres do ano. Se se analiza a serie histórica, se detecta que, tras rexistrar as cifras máis baixas durante o segundo e terceiro trimestres de 2014 (57%), a taxa de confianza en manter o emprego aumentou o ano seguinte e mantívose estable durante todo 2015, entre o 62% e o 64%. Durante o primeiro trimestre de 2016, este índice continuou crecendo ata acadar o 68%. Tras un descenso de dous trimestres consecutivos, a confianza dos empregados volveu recuperarse e chegou a rexistrar o 69% durante os primeiros tres meses de 2017, a maior taxa acadada ata entón. A partir de aquí, rexistráronse índices máis baixos, de ata o 63%, ata o terceiro trimestre de 2018, cando esta taxa acadou a maior cifra de toda a historia (70%), para logo descender ata o 66% no último trimestre de 2018.

Analizando o índice de confianza dos empregados segundo a sús idade, o informe de Randstad revela que aumenta en todos os grupos excepto nos ocupados maiores de 45 anos. O 66% dos profesionais maiores de 45 anos asegura que continuará no seu emprego actual durante os seis próximos meses, cinco puntos porcentuais menos que a cifra rexistrada durante o mesmo período de 2017 (71%). Trátase do único colectivo onde este índice decrece.

No caso do resto dos profesionais, tanto os traballadores con idades comprendidas entre os 25 e os 45 anos como os menores de 25 rexistran taxas similares. Durante o cuarto trimestre de 2018, a taxa de confianza sitúase no 67%, oito puntos porcentuais máis que a rexistrada hai un ano (59%).

Por debaixo da media europea

Á hora de analizar o índice de confianza en manter o emprego segundo o país onde reside o traballador, o estudo revela que a taxa de profesionais que confían en manter o seu emprego en España (66%) se sitúa sete puntos por debaixo da media europea (73%). Só Grecia, cun índice de confianza do 61%, rexistra unha porcentaxe menor á española.

Luxemburgo (85%), Austria (82%), Bélxica (77%) e Alemaña (76%) son os países con maior taxa de confianza entre os seus ocupados. A continuación, tamén por riba da media europea, sitúanse Países Baixos (76%) e Portugal (74%). No caso de Francia, a taxa de confianza sitúase ao mesmo nivel que a media de Europa (73%). No lado contrario, cos menores índices de confianza de Europa, pero por riba de España, Italia e Reino Unido rexistran unha taxa do 68%, seguidos de Noruega (72%). Fóra das fronteiras europeas, Xapón é o país coa maior taxa de confianza en manter o emprego (85%), seguido de China (76%), Estados Unidos (71%) e Australia (69%).

Os que esperan promocionar

Otro aspecto que analiza este traballo é a porcentaxe de ocupados que espera medrar dentro da súa actual compañía. Segundo o estudo, a metade dos profesionais cre que mellorará a súa posición dentro da empresa. En concreto, o 57% deles espera promocionar nos próximos seis meses, unha cifra que descende un punto porcentual respecto ao trimestre anterior (58%) e tres se se compara co mesmo período de 2017 (60%).

A evolución deste índice reflicte unha tendencia negativa na percepción da situación económica e do mercado laboral que ten os profesionais. Se se analiza a tendencia desta taxa ao longo dos últimos anos, se observa que fluctuou entre o 54% e o 64%, rexistrando varios picos acentuados. Tras acadar o 63% a principios de 2014, produciuse un lixeiro descenso ao ano seguinte (57%). A finais dese exercicio, esta taxa volveu medrar asta acadar a maior cifra da historia e situarse no 64%, para logo volver a decrecer ata o 57%, a finais de 2016. Esta mesma tendencia repetiuse nos trimestres seguintes, a excepción do terceiro trimestre de 2017, cando se rexistrou a cifra menos elevada dos últimos anos (54%).



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)