Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Galicia, entre as máis castigadas pola asma e a alerxia aos ácaros



REDACCIÓN · PUBLICADO O 03 DE DECEMBRO DE 2018 · (0)



Rinite, conxuntivite e asma son as patoloxías que, de acordo cos últimos datos de Alergolóxica, aumentan en practicamente todas as CCAA con costa. O caso máis rechamante é o de Baleares, cun 88% dos pacientes asmáticos por alerxia respiratoria por ácaros. A porcentaxe é dun 85% en Canarias e en Galicia a ascende a un 74%.


Todos estes pacientes viven durante os meses de outono a “tempada alta” da enfermidade. Aínda que non se trata dunha enfermidade estacional -asma e rinite por ácaros maniféstanse todo o ano- os síntomas intensifícanse nas épocas nas cales temperatura e humidade resultan máis favorables ao desenvolvemento dos ácaros: o outono e a primavera.

A alerxia respiratoria afecta a unha cuarta parte da poboación nos países desenvoltos, e é unha das causas máis frecuentes de consulta médica. Dentro desta patoloxía, os ácaros son o segundo alérxeno individual respiratorio máis frecuente, despois dos poles. Os síntomas que provoca afectan á calidade de vida e provocan elevados custos polo tratamento sintomático dos pacientes. Se, en termos globais, o 50% dos pacientes con asma e rinite alérxicas son sensibles aos ácaros do po doméstico, a porcentaxe elévase de forma moi considerable nalgunhas das CCAA con saída ao mar. Entre as máis afectadas tamén se atopan Cataluña, a Comunidade Valenciana e País Vasco.

Os resultados do Estudo EPIDmite2 presentado hai poucas semanas trátase dun documento que avalía a calidade de vida e a asistencia recibida por preto de 300 pacientes de entre 14 e 55 anos en 35 hospitais españois, sensibles aos ácaros e non tratados con inmunoterapia. Entre os resultados máis significativos destaca que o 60% dos pacientes alérxicos a ácaros presentaban rinite, sobre todo persistente, de moderada a severa, e o 40% dos pacientes presentaba de forma conxunta rinite e asma. En ambos os grupos, máis do 60% presentaba conxuntivite.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)