Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A ponte deparará ao turismo rural galego un dos peores datos de España



REDACCIÓN · PUBLICADO O 04 DE DECEMBRO DE 2018 · (0)



As casas rurais de Galicia acadarán unha ocupación do 29%, moi por debaixo da media do país, que se situará no 53%, algo superior á obtida en 2017. Navarra (75%), A Rioxa (66%) e Aragón (63%) son as rexións que terán mellores datos estes días.


Os aloxamentos rurais volverán ter esta ponte de dicembro, como xa ocorreu o ano pasado, un bo dato de ocupación cun 53% de casas ocupadas en España. Segundo datos de EscapadaRural.com, a porcentaxe é superior á acadada en 2017, aínda que o ano pasado quedaron repartidos entre cinco posibles días de descanso, fronte aos catro de 2018. Estas porcentaxes, extraídas dos 9.100 aloxamentos do portal con calendario actualizado, poñen en valor o excelente comportamento do sector nestas datas e a tendencia do viaxeiro a escaparse estes días (noites do 6 ao 9 de dicembro) á contorna rural. Este optimismo, sen embargo, non é extensible a Galicia, onde os establecementos de turismo rural, ao igual que os de outras comunidades costeiras, non acadarán o 30% de ocupación.

A un paso xa das vacacións de Nadal, os turistas rurais aproveitan tamén esta ponte para viaxar e aloxarse sobre todo en casas rurais localizadas nas comunidades de Navarra e A Rioxa. Tanto é así que a ocupación en ambas é a máis alta do país, cun 75% e un 66%, respectivamente. En terceira e cuarta posición sitúanse Aragón (63%) e Andalucía (60%). Séguenlles moi de preto Castela e León (57%), Murcia (56%) e Estremadura (55%). Xa en metade da táboa están Castela-A Mancha (53%) e Cataluña (52%).

Se miramos os postos máis baixos da táboa, as comunidades costeiras do norte (Cantabria, Galicia e Asturias) son as menos demandas, cunhas porcentaxe inferiores ao 40%. Estes datos demostran unha tendencia xa habitual: o norte de España, que si consigue atraer turistas rurais os meses máis calurosos do ano, ten máis dificultades para atraer ao viaxeiro rural fóra da tempada estival.

Provincias

Curiosamente, a provincia española con maior ocupación será costeira, o que non é tan habitual nestas datas. Huelva colgará o cartel de “completo” nun 82% dos seus establecementos rurais, seguida de Navarra (75%), Segovia (71%), Soria (70%), Cádiz (68%), Teruel (67%), A Rioxa (66%), Álava (65%), Xaén (64%), Sevilla e Burgos (ambas cun 63% de ocupación).

As comunidades de Madrid e Cataluña, coas cidades con maior renda per cápita do país, son tamén as que teñen os prezos medios por persoa e noite máis elevados nesta ponte. En concreto, o custo por pasar unha noite nun aloxamento rural madrileño ascende aos 25,71 euros, e en Cataluña, no caso de Xirona, esta cifra acada os 28,42 euros. A media do país está en 22,71 euros.

Para entretenerse e gozar ao máximo da escapada e a estancia na casa rural nesta ponte, o turista reclama maioritariamente aloxamentos próximos a pistas de esquí (56%), que acepten animais (56%) e que teñan chimenea (56%). En canto ás preferencias do tipo de reserva, existe moi pouca diferenza entre os que prefiren aluguer íntegro (57%) ou por habitacións (55%).



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)