Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O catedrático da USC José Rivas Rey leva o Premio Salvador Velayos



PUBLICADO O 04 DE DECEMBRO DE 2018 · (0)



Con esta distinción o Club Español de Magnetismo recoñece as múltiples achegas e o labor investigador desenvolvido neste campo polo científico natural do concello lucense de A Pontenova.


O xurado está formado constituído polos membros do Comité Científico do Club Español de Magnetismo, órgano integrado polo socios de honra xunto co presidente e o secretario da entidade. Fixo público o fallo da sexta edición deste galardón durante a asemblea anual que vén de celebrar os días 29 e 30 de novembro na Escola Politécnica de Enxeñaría de Xixón da Universidade de Oviedo.

O investigador do grupo Magnetismo e Nanotecnoloxía  (Nanomag) da USC recollerá este galardón na próxima asemblea anual do Club Español de Magnetismo, un foro que se desenvolverá na Universidade de Pamplona de aquí nun ano: en novembro de 2019 e no marco da que o científico lugués ofrecerá unha lección maxistral.

O Premio Salvador Velayos é un prestixioso galardón que recoñece avances e achegas destacadas no ámbito do magnetismo realizadas por científicos e tecnólogos españois ou estranxeiros que estean a realizar o seu labor en España. Ten unha dotación económica de 3.000 €.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)