Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

“Leite con Castañas”



REDACCIÓN · PUBLICADO O 05 DE DECEMBRO DE 2018 · (0)



É o postre que vén de lanzar Larsa aproveitando unha idea dun lucense de 33 anos, Pablo Fraga Gontán, que gañou un premio de innovación e que recibirá o 20% dos beneficios que obteña a comercialización deste produto.


Esa lembranza a aldea, a outono, a paisaxe, a natureza e a magosto é levado á mesa pola compañía galega cun alimento 100% natural, cuxos ingredientes son leite enteiro, castañas (22%), leite en polvo desnatado, sucre e unha tradición galega que recupera de forma sinxela e simple o leite con castañas converténdoo nun postre accesible para todos.

A doce castaña é tendencia en alimentación e é moi utilizada na gastronomía galega para aderezos, acompañamentos, salsas e cremas, destacando tamén por ser un postre sinxelo e moi querido por todos. Pero a dureza do froito, o tempo necesario para cociñalo e a dificultade para acadar a precisión no punto de cocción, facían que o tradicional leite de castañas preparado en casa fose menos consumido nos fogares pola súa tediosa preparación.

Dende o 26 de novembro xa está dispoñible no liñal de postres do supermercado o novo “Leite con castañas” de Larsa, en tarro de cristal de 115 gramos e a un prezo promocional de 1,68 euros. Coa facilidade engadida de que só hai que abrir a tapa e xa está listo para saborear este postre, cuxas propiedades dixestivas o fan recomendable para o seu consumo despois de comer: o seu contido en castañas convérteo nun alimento moi nutritivo, rico en grasas, proteínas, minerais e vitamina C, con tan só 121 quilocalorías por ración e sen gluten.

“Leite con castañas” nace dunha idea que gañou o premio Innovación Saudable Impulsando Galicia. O seu artífice é Pablo Fraga Gontán, un mozo enxeñeiro agrónomo de Lugo que, ademais de recibir o recoñecemento e a dotación económica do premio, agora ve feita realidade a súa idea, participando no desenvolvemento do produto e no 20% dos beneficios xerados por “Leite con castañas” na súa comercialización.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)