Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O presidente de AJE Ourense asistirá en Nova York ao Impacto Latino Summit 2018



REDACCIÓN · PUBLICADO O 05 DE DECEMBRO DE 2018 · (0)



Trátase dun encontro que conecta a líderes de todos os sectores para xerar alianzas a favor do desenvolvemento sostible, ao que acudirá os vindeiros martes e mércores acompañado de Antonio Magraner, ao igual que el vicepresidente de Ceaje.


Por terceiro ano consecutivo terá lugar este cumio de líderes cuxo obxectivo principal é dar visibilidade ás accións que se levan a cabo e repercuten no cumprimento da Axenda 2030 de Desenvolvemento Sostible. A sede da ONU en Nova York acollerá durante os días 11 e 12 de decembro este congreso anual, que conta nesta ocasión con México como país anfitrión.

A participación de Lois Babarro, presidente de AJE Ourense e vicepresidente de Ceaje, (Confederación Española de Asociacións de Mozos Empresarios) xurdiu da invitación por parte da fundación organizadora, que reúne a líderes de todo o mundo e propicia alianzas para o progreso e crecemento de Latinoamérica. Babarro e Magraner, que tamén é presidente de AJE Miami, intervirán na mesa sobre Traballo Decente e Crecemento Económico”, un dos puntos da Axenda de Desenvolvemento Sostible.

Ambos empresarios participarán en todo o foro, pero de maneira especial o segundo día contribuíndo, xunto con outros dirixentes, en todo o relacionado co que en Iberoamérica denominantraballo decente”, que engloba cuestións como a educación, o compromiso social corporativo, o desenvolvemento social e a maneira en que as empresas poden contribuír ao desenvolvemento dun país dende a vertente social e a responsabilidade.

Ilusionado

Babarro amosouse moi ilusionado coa intervención nesta mesa pois “o resultado final será achegar e propoñer accións concretas, vinculadas a estes temas, para implantala en 2019, despois de presentalas en institucións, organismos e entidades de todos os ámbitos. Todo iso tras estudar cuestións como a educación no século XXI; que é e de que depende o verdadeiro desenvolvemento dun país, ou como se pode cambiar o futuro de Iberoamérica dende a educación”.

A este espazo de debate acuden anualmente empresarios, medios de comunicación, emprendedores, diplomáticos, líderes sociais, académicos e universitarios, así como outras personalidades de América, para debater sobre os retos e oportunidades da rexión iberoamericana e propoñer accións concretas e solucións relacionadas coa Axenda Desenvolvemento Sostible 2030.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)