Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O gran día de Mónica Landeira



REDACCIÓN · PUBLICADO O 05 DE DECEMBRO DE 2018 · (0)



A gandeira de CLUN falará do papel das cooperativas na valorización das producións e na loita contra o cambio climático nunha cita organizada pola Comisión Europea o 6 e 7 de decembro. Ela é propietaria dunha explotación de 100 vacas, cunha produción anual de 600.000 litros.


Na que é a conferencia máis importante en materia de agricultura na UE participará o Comisario de Agricultura, Phil Hogan, e representantes de organizacións e empresas agroalimentarias da UE. Os temas que se abordarán: a dixitalización na agricultura e as zonas rurais, as oportunidades no comercio e o reto ambiental e as perspectivas dos mercados agrarios a medio e longo prazo.

Dende Cooperativas Agro-alimentarias de España explican que “adoitan ser unha das organizacións convidadas a participar neste foro para dar o noso punto de vista”. Nesta ocasión participará Monica Landeira, socia de CLUN, cooperativa que suma 470 produtores, procesa 165 millóns de litros ao ano e factura 230 millóns de euros.

As granxas asociadas lograron reducir un 20% de emisións de CO2 das explotacións  sendo CLUN a primeira empresa produtora de leite en España en conseguir a certificación de AENOR da Pegada de Carbono de Produto. Ao mesmo tempo, os produtores do leite *ÚNICLA -modifican a composición de ácidos graxos a través da alimentación natural dos animais, unha diferenciación que fai que os produtores deste leite reciban de media 4 céntimos máis-  están certificados desde 2016 co selo Welfare Quality de Benestar Animal.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)