Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Esgótase o prazo para solicitar a inspección de instalacións antigas de protección contra incendios



REDACCIÓN · PUBLICADO O 07 DE DECEMBRO DE 2018 · (0)



Trátase dunha esixencia do novo regulamento, e empresas e institucións teñen só ata o 12 de decembro para solicitar a inspección das de máis de 20 anos, malia que hai excepcións. De non facerse a tempo expóñense a sancións e mesmo o cesamento da actividade.


O requisito afecta independentemente da actividade, aínda que se estableceron excepcións (sempre que non se identificaron zonas de Risco Alto) tales como edificios de uso residencial, edificios administrativos e educativos de menos de 2000 m2, edificios de uso comercial e de pública concorrencia de menos de 500 m2 e aparcadoiros de menos de 500 m2.

As inspeccións son realizadas por Organismos de Control Acreditado (OCA) que revisan o estado. O novo Regulamento de Instalacións de Protección Contra Incendios (RIPCI), que entrou en vigor hai un ano, establece a obrigatoriedade de pasar a primeira destas inspeccións antes de dita data, aínda que finalmente acéptase como cumprimento inicial o feito de contratala co correspondente Organismo de Control Acreditado (OCA). “A propiedade ou o usuario da actividade, segundo o caso, son os responsables de solicitar estas inspeccións”, explica Carlos Chicharro, Director de Protección Contra Incendios de  Securitas Seguridad España.

Estas inspeccións son diferentes ás revisións preventivas obrigatorias que viñan xa realizando por empresas mantedoras contra incendios, e teñen por obxecto comprobar o estado correcto de legalización e funcionamento. “O novo regulamento aumenta notablemente a esixencia, pero ao mesmo tempo introduce novas ferramentas como son servizos de xestión remota para os sistemas de detección e alarma. Isto permite mellorar os tempos de intervención e axuda a previr os riscos sobre as persoas e as empresas”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)